Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 26 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 21 de decenviro

Este domingo 21 de Decembro disputouse en Lugo a XII Edición da Monumental de Lugo, e na cal houbo unha representación de  atletas do noso club, que tiveron unha destacada actuación sobre todo nas careiras de menores, logrando un total de catro pódiums
 


Así, na carreira B, Noel Villarábide lograba unha fenomenal victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Samuel Castedo conquería o sexto posto. Na carreira das nenas, Nerea Lage finalizaba nunha meritoria séptima posición.
 
Xa na categoría C, dominio dos atletas de Friol, xa que Adrián Lage lograba imporse na proba con claridade, mentras que Cristian Santos entraba en terceira posición. Tamén gran papel das nenas, xa que María Carballido lograba subir o segundo escalafón do pódium, sendo a súa compañeira Vanesa Blanco sexta na mesma proba.
 
Pola súa parte, na carreira absoluta, o máis destacado foi Jesús Rivas, que lograba o posto 157 da xeral, cun crono de 39.58 minutos sobre os dez kilómetros de percorrido. O resto da actuación dos atletas de Friol foi o seguinte:
 
Diego Trigo- posto 244     42.06 m
Ramón López- posto 498     45.41 m.
Roberto Longarela- posto 828   50.36 m.
Paula García- posto 205 F    1.02.29 h.
Ana Novo- posto 221 F         1.08.12 h. 


miércoles, 17 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 14 de decembro

1ª PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS. MONFORTE
 
O pasado domingo 14 de Decembro  celebrouse en Monforte a 1ª proba preparatoria de Campo a Través do programa Xogade para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e na cal tomaron parte uns 25 atletas do noso club, que foi o máis destacado de todos os participantes, logrando un total de 10 podiums.
 
Estes viñeron a cargo dos seguintes atletas. Na categoría benxamín femenino, Ánxela Maneiro lograba a terceira posición. Xa entre os alevines masculinos, Michael López lograba a victoria por diante do seu compañeiro de equipo David Fariñas, que entraba na segunda posición.
 
Polo que respecta a categoría infantil femenino, triplete das nenas de Friol, xa que ademáis da victoria de Andrea Fariñas, hai que sumar o segundo e tercer posto de Noelia Sánchez e Nerea Lage. Entre os nenos, Marcos Burgo lograba a segunda posición e Samuel Castedo entraba na terceira posición.
 


Por último, na categoría cadete, Adil Loussini lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Alex López lograba a terceira posición.







CROSS DOS MENHIRES. A CORUÑA
 
Tamén houbo este fin de semana representación do club no II Cross dos Menhires, ca presencia de Jesús Rivas e Ester Mourenza. Suso lograba o posto 55 da  xeral e Ester o 53 na proba de féminas.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 7 de decembro

XXIX CROSS DE LA CONSTITUCIÓN. ARANDA DE DUERO (BURGOS)
 
O pasado sábado 6 de Decembro se disputou en Aranda de Duero (Burgos), unha das citas máis importantes da temporada de cross que se disputa en España. Ata a población burgalesa se desplazaron seis atletas do noso club, para participar por primeira vez nun evento destas características. Bos resultados os dos nosos nenos e nenas, que evidencian un bo estado de forma.
 
Así, o máis destacado foi o cadete Adrián Lage, que na proba masculina lograba finalizar na octava posición, nunha proba caracterizada polo forte ritmo de saída. Na carreira femenina, María Carballido tamén competía a gran nivel, logrando finalizar na decimosegunda posición nesta proba.
 

Polo que se refiere a categoría infantil, Cristian Santos lograba rematar tamén entre os dez primeiros postos, o entrar en meta no noveno lugar, despois dunha carreira de menos a máis. O seu compañeiro de equipo, Noel Villarábide remataba no posto trixesimoquinto. Polo que respecta a carreira femenina, Vanesa Blanco acadaba o posto viseximoséptimo.
 
Por último, na categoría xuvenil, Cristian Montecelo lograba o decimonoveno posto, nunha proba de gran nivel competitivo, o igual que todas as que se disputaron, donde os nosos atletas competiron con atletas procedentes de todo o territorio nacional. 


I CARREIRA POPULAR DE ABEGONDO.
 
O Pasado domingo 7 de Decembro se disputou a I Carreira Popular de Abegondo na cal tomaron parte 3 atletas do noso club, logrando un pódium na categoría de menores.
 

Así, a atleta infantil Irea Ferreiro lograba un meritorio segundo posto na súa categoría, mentras que na proba absoluta Jesús Rivas lograba o posto 37 da xeral, mentras que Ester Mourenza finalizaba no posto 18 na súa categoría de veteranas
 



 
TROFEO DE PEDESTRISMO. CANGAS DO MORRAZO
 
No mesmo día tamén se disputaba o Trofeo de Pedestrismo de Cangas sobre unha distancia de 10 km aproximadamente e onde tomaba parte o atleta Ramón López.
 
Ramón lograba un crono 41.32 metros sobre a distancia, finalizando no posto 234 da xeral. 

lunes, 1 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 30 de novembro


CAMPEONATO GALLEGO DE MARCHA. A CORUÑA

O pasado sábado 29 de Novembro se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego de marcha en pista, na cal tomaron parte 5 nenos do club, que tiveron unha destacada actuación nas súas respectivas probas.

Neste evento se lograba un pódium, xa que Marcos Burgo lograba proclamarse subcampeón gallego na categoría infantil masculina, despois de mellorar a súa mellor marca persoal na distancia dos 3 km marcha cun crono de 17.08 minutos, co cal se lograba a primeira medalla nun autonómico na presente temporada.

Na mesma categoría, tamén moi destacada foi a actuación das nosas nenas, xa que Vanesa Blanco, Noelia Sánchez e Nerea Lage lograban a cuarta, quinta e sexta posición respectivamente. Ademáis, Vanesa lograba a súa MMP cun crono 19.07 minutos e Nerea e Noelia lograban finalizar os seus 3 km na categoría en torno os 20 minutos.

Por último, o benxamín Mario Campos lograba estar cerca das posicións de pódium, o lograr o cuarto posto na súa proba, logrando tamén mellorar a súa MMP na distancia.


1ª PROBA DO CORRE CON NÓS. PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA.

O pasado domingo 30 de Novembro se disputou nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a 1ª proba puntuable para o circuito de carreiras do Corre con Nós, e na cal tomaron parte cerca de dez nenos do colexio, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de cinco pódiums nunha das citas máis importantes do calendario provincial de probas populares.

Así, a proba máis destacada foi a da categoría C masculina, onde se impuxeron os atletas de Friol, co triunfo de Adrián Lage e o segundo posto do seu compañeiro de equipo Cristian Santos, nunha proba na que os dous rendiron a un gran nivel. Nesta mesma carreira, Alex López lograba finalizar no noveno posto.

En canto as nenas desta categoría, sensacional tamén o seu comportamento, sendo María Carballido segunda e Vanesa Blanco sexta.

Xa na categoría C, tamén meritoria a actuación dos nosos representantes, xa que Noel Villarábide lograba finalizar na terceira posición e Samuel Castedo na cuarta. Polo que respecta as nenas, Noelia Sánchez accedía o terceiro caixón do pódium e Nerea Lage lograba a décima posición nesta mesma proba.

Por último, na categoría A, Aldara Ceide lograba finalizar no posto 19 da súa categoría

Polo que respecta os adultos, o máis destacado era Suso Rivas, que lograba o posto 105 da xeral, mentras que Carmen Expósito lograba a segunda posición dentro da súa categoría de veteranas. O resto da actuación dos atletas foi a seguinte:

Manuel Ceide- posto 426
Fernando González- posto 531



CONTROL FEDERADO DE MENORES. FERROL

Se disputou na cidade de Ferrol o primeiro control federado de menores da temporada, na cal tomou parte a atleta Paula Piñón, que tivo unha destacada actuación , xa que gañou unha proba e logrou a segunda posición na outra na que tomaba parte.

Así, Paula lograba imporse na proba dos 60 metros valos cun crono de 12.29, no que era ademáis o seu debut na especialidade. Paula completaba a matinal cun segundo posto na proba de salto de lonxitude cunha marca de 3.57 metros, o que demostra o bo estado de forma no que se atopa a atleta lucense.

Resultados Fin de semana 22 de novembro

O pasado sábado 22 de Novembro disputouse na cidade de Lugo a II Edición da Eon Night Race, unha espectacular proba nocturna na que os corredores deben portar un frontal luminoso, o que fai desta proba unha ringleira de luz continúa a través de todos os corredores. Varios atletas do club tomaron parte nesta edición.

A atleta máis destacada foi María Carballido, que lograba unha excelente octava posición da clasificación xeral femenina, cubrindo os 4.3 km dos que constaba a proba nun tempo de 18.14 minutos. Tamén moi brillante foi a proba de Cristian Montecelo e Adrián Lage, que lograban o posto 16 e 18 da xeral absoluta respectivamente, nun evento que reunía a casi 800 atletas.


Pola súa parte, Adil Loussini lograba finalizar no posto 116 da xeral, mentras que Ángel Martínez o facía no posto 184. Ambos lograban mellorar máis de 100 postos con respecto a clasificación do ano pasado.

En canto os atletas veteranos, Suso Rivas lograba finalizar no posto 49 da xeral, Felipe Barata no 149, Roberto Longarela no 240, Fernando Castro no 358, Paula García Reboredo no 645 e Ester Mourenza no 646

Por último, sinalar que na proba de menores tomaron parte Noelia Sánchez e Nerea Lage, que lograban entrar entre as dez primeiras clasificadas.