Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 8 de junio de 2017

Resultados Fin de semana 4 de xuño

CAMPEONATO GALEGO CADETE E XUVENIL. FERROL

O pasado domingo 4 de Xuño se disputou en Ferrol o Campenato Galego Cadete e Xuvenil e no cal estivo presente unha boa representación do club, e onde se lograban un total de catro medallas.

Lucía Varela lograba a victoria na proba dos 1.500 metros obstáculos, facendo un tempo ademáis de 5.24 minutos, marca que ademáis representa a mínima para o nacional cadete que se disputará en Murcia o vindeiro mes de Xullo. Tamén lograba unha meritoria medalla de prata Noelia Sánchez, que entraba en segunda posición na proba dos 3.000 metros lisos. Samuel Castedo acadaba a medalla de bronce na proba de salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.65 metros, mentras que Jorge Santos tamén era terceiro na disciplina do lanzamento de xabalina cun rexistro 33.34 metros.

O resto da actuación dos atletas de Friol foi o seguinte: Alejandro Fernández conquería a cuarta posición no salto de altura cun salto de 1.59 metros, mentras que Jorge Santos tamén era cuarto na proba do lanzamento de disco cun mellor lanzamento de 35.71 metros. Cristian Santos, cun crono de 10.28 entraba no quinto posto na proba dos 3.000 metros lisos, mentras que Andrea Fariñas conquería a novena posición na mesma proba. Nos 600 metros lisos, Nerea Lage entraba no sexto posto con 1.48 minutos e Vanesa Blanco era oitava con 1.50 minutos.

GRAN PREMIO DE MARCHA OS CANTONES. A CORUÑA

Como é habitual dende a creación do club, varios integrantes da sección de marcha do club se desplazaron ata A Coruña para a disputa do Gran Premio Internacional de marcha Os Cantones, no cal os nosos nenos e nenas tiveron unha destacada actuación.

Así, na categoría benxamin, tanto Noa Mouriz como Lucas Castiñeira lograban o cuarto posto nas súas respectivas, mellorando ademáis a súa mellor marca persoal sobre a distancia de 1 kilómetro. Na categoría alevín, tamén Mario Campo lograba mellorar o seu tope persoal sobre a proba dos 2 kilómetros, e facendo ademáis un meritorio quinto posto.

Na categoría infantil, Leire Santos lograba a decimoterceira posición e tamén lograba mellorar o seu rexistro persoal. Polo que respecta a categoría cadete, Nerea Lage era cuarta, Eva Freire oitava e Vanesa Blanco non tiña o seu día, xa que abandonaba con problemas estomacais. Por último, Miguel Ángel Sánchez entraba no quinto posto na distancia dos 5 kilómetros, facendo ademáis o seu mellor rexistro na distancia
.

domingo, 4 de junio de 2017

Resultados Fin de semana 28 de maio

CAMPEONATO GALLEGO CADETE E XUVENIL DE MARCHA. OURENSE

O pasado domingo 28 de Maio se disputou en Ourense o Campeonato Galego Cadete e Xuvenil de marcha e no cal participaron 6 atletas do club, logrando un total de 2 podiums.

Así, Nerea Lage lograba a medalla de prata na categoría cadete, onde marcaba un rexistro de 16.05 minutos na liña de meta, mentras que Vanesa Blanco cun tempo de 16.08 minutos se facía ca medalla de bronce. Nesta mesma proba, Eva Freire lograba a séptima posición.  Polo que respecta a categoría cadete masculino, Juan Zas lograba a cuarta posición, mentras que Marcos Burgo era descalificado.

Por último, na categoría xuvenil, Miguel Ángel López entraba no quinto posto na proba dos 5 kilómetros marcha.


CARREIRA POPULAR DE FRIOL

O pasado domingo 28 de Maio se disputou a V Edición da Carreira Popular de Friol, e onde houbo unha numerosa presencia de deportistas da nosa entidade, logrando na mesma un total de 24 podiums.

Así, na categoría prebenxamín houbo un triplete no apartado femenino, xa que Rebeca Miragaya, Grace Gainsford e Alba Meñán lograban as tres primeiras posicións neste orde.

Polo que respecta a categoría benxamin, Ramón Loureiro lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Mateo Villar entraba en segunda posición. Entre as féminas, Aldara Ceide se alzaba co triunfo e Noa Mouriz era terceira.

Héctor Trabado se levaba a victoria na categoría alevín, proba onde Mateo Aguiar e Mario Campo logranban o segundo e tercer escalafón do podium respectivamente. Rebeca Arias entraba en segunda posición na carreira das nenas.

Triplete tamén na categoría infantil, proba onde o dominador era Juan David López, e onde era segundo Javier Lourés e Gael Martínez entraba no terceiro posto. Leire Santos era segunda na carreira das nenas e Andrea Espiñeira lograba a terceira posición.

Xa na categoría cadete, Cristian Santos entraba no primeiro posto e Noel Villarábide lograba a segunda posición, mentras que Samuel Castedo subía o tercer escalafón do podium. Noelia Sánchez gañaba a proba das féminas e Lucía Varela era segundo.

Por último, na carreira absoluta, María Carballido debutaba na proba dos 5 kilómetros, sendo terceira na clasificación absoluta e domiñando a categoría xuvenil. No apartado masculino, Angel Martínez gañaba a carreira da categoría xuvenil.

O resto da actuación dos membros do club na carreira absoluta foi a seguinte:

Jesús Rivas- posto 12
Diego Trigo- posto 22
Juan Carlos Varela- posto 79
Ramón López- posto 89
Nemesio Gutierrez- posto 106
Manuel Ceide- posto 129
Jose Angel Vázquez- posto 135
Rafael Villarabide- posto 140
Ester Mourenza- posto 28 F.

Resultados Fin de semana 21 de maio

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO. LUGO
 
O pasado 21 de Maio se disputou en Lugo o Campeonato Provincial para as categorías benxamín, alevín e infantil e onde os nosos nenos e nenas lograban un total de 10 podiums.
 
Así, na categoría benxamin femenino, Noa Mouriz lograba a medalla de ouro, a súa compañeira Aldara Ceide se facía tamén co titulo provincial na proba dos 1.000 metros lisos e Carla Reija se impoñía nos 500 metros lisos na categoría alevín.
 
Polo que respecta as medallas de prata, Ramón Loureiro a conquería na proba dos 1.000 metros benxamín e Rebeca Arias tamén nos 1.000 metros da categoría alevín.
 
Por último, as medallas de bronce se gañaban nos 80 metros valos a cargo de Nerea Montes, no lanzamento de xabalina a través de Leire Santos, David Fariñas no salto de altura e nos 1.000 metros lisos, todos eles da categoría infantil, mentras que o benxamín Samuel Villar o facía nos 500 metros benxamín.
 
 
 
CORRE CON NÓS. RECINTO FERIAL
 
O pasado sábado 20 de Maio se disputou unha nova proba do Corre con Nós, e onde estiveron presente un bo número de atletas do club. Por primeira vez se fixo unha crontrareloxo por equipos, onde o noso club lograba o séptimo posto da xeral. O equipo formado por Paula García, Ester Mourenza, Ana Novo, Jesús Rivas, Diego Trigo e Marcos Lage facía un tempo de 24 minutos na liña de meta.
 
Polo que respecta a proba habitual, o primeiro en entrar na liña de meta era Jesús Rivas, que o facía no posto 28 da xeral, mentras que Manuel Ceide o facía no 231, Juan Carlos Varela no 288, Fernando González no 329, José Angel Vázquez no 339, Paula García no 75 das féminas, mentras que Ester Mourenza e Carmen Expósito o facían no 81 e no 89, respectivamente.
 
 
TROFEO ATLETISMO LUGO.
 
O venres 19 de Maio se disputou nas pistas do Gregorio Pérez Rivera o Trofeo Atletismo Lugo, proba na que o club tivo un destacado papel na organización do mesmo.
 
Salientar a victoria de María Carballido nos 800 metros lisos, nos que marcaba un crono de 2.28 minutos, Pola súa parte, Samuel Castedo facía un mellor rexistro de 1.61 metros no salto de altura, marca que lle daba o terceiro posto da xeral e unha MMP. Alejandro Fernández saltaba 1.55 na mesma disciplina.
 
Pola súa parte, Jorge Santos tamén tiña un brillante papel na proba de lanzamento de disco, onde mandaba o artefacto a 34.02, o que lle supoñia o segundo posto e unha nova MMP. Esteban Iglesias facía un mellor rexistro de 17.41 metros.
 
Por último, nos 600 metros lisos da categoría cadete, Mateo Jaúregui facía un tempo de 1.44 minutos, obtendo o noveno posto, mentras que Noelia Sánchez entraba na cuarta posición cun tempo de 1.41 e Lucía Varela era sexta cun tempo de 1.48 minutos.