Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 26 de septiembre de 2016

Resultados fin de semana 18 de setembro

CARRERA DE LA MUJER

O pasado domingo 18 de Setembro se disputou en A Coruña a Carrera de la Mujer, onde o igual que anos anteriores contaba con respresentación de varias atletas do club, que tomaron parte nesta proba de carácter solidario.

Moi salientable foi a participación das nosas nenas, que obtiñan un total de cinco pódiums. Noelia Sánchez lograba a quinta posición absoluta nesa proba, mentras que a súas compañeiras de equipo María Carballido e Nerea Lage lograban a undécima e decimoterceira posición respectivamente sobre un total de 6.500 participantes. Pola súa parte, Vanesa Blanco remataba no posto 91 da xeral.

Tamén tomaban parte nesta proba as atletas do club Ester Mourenza, que lograba entrar en meta no posto 482 da clasifación e Paula García, que o facía no posto 2.492. 

Esta actuación lle servía o club para lograr a victoria por equipos a nivel absoluto, mentras que na categoría de 12 a 15 anos, Noelia, María e Nerea lograban as tres primeiras posición nese orde. 

Resultados 13 de setembro

LA TRANSE GAULE. FRANCIA.
 
Fernando Ibarra tomaba parte nesta singular competición do ultrafondo mundial que se disputa en Francia, e que consiste en atravesar o país galo de Norte a Sur en 19 etapas, nas que se cubren un total de 1.100 kilómetros. A proba, unha das máis duras do mundo se viu incrementada en canto a súa dureza polas altas temperaturas que asolaron o circuito durante o mes de Agosto. Nesta selecta proba tomaban parte solamente 54 atletas de todo o mundo, que acudían por invitación da organización da proba. Fernando era o único español presente nesta proba, o que da boa mostra da importancia que ten o chantadino no ultrafondo mundial.
 
A actuación de Ibarra pódese calificar de colosal, xa que a pesar de ter un accidente na terceira etapa, que lle propinou un forte esguince de nocello, que limitou bastante o seu rendemento. Pese a esta circunstancia, e lonxe de abandonar a proba, Fernando se sobrepuxo e logrou rematar no posto 21 da xeral, cun total de 149 horas acumuladas de carreira, moitas das cales foron con intenso dolor por mor desa lesión. Despois duns días de descanso, Fernando xa está a preparar a Spartathlón, unha das citas máis importantes do ultrafondo mundial, e que une as cidades griegas de Esparta e Atenas.

XXX MILLA DE O BARCO. 
 
Boa actuación dos atletas do club no comenzo da nova tempada en O Barco, onde acudían cinco dos nosos nenos e nenas e onde se lograban un total de catro podiums.
 
Deste xeito, Noelia Sánchez lograba a victoria na categoría infantil femenino, por diante da súa compañeira de equipo Lucía Varela, que lograba a segunda posición. Pola súa parte, Nerea Lage lograba a quinta posición nesta mesma categoría.
 
Victoria tamén para Miguel Ángel Sánchez na categoría cadete masculina, mentras que Adrián Lage lograba a terceira posición na categoría xuvenil-jùnior, atestiguando todos eles un bo momento de forma neste inicio de tempada.

 
 
MEDIO MARATÓN DE  RIBADEO.
 
O pasado fin de semana se disputou en Ribadeo o Medio Maratón das Catedrais, unha fermosa proba deportiva que ten a súa meta no entorno da praia das Catedrais. A esta cita acudiron os atletas Jesús Rivas e Ester Mourenza, que finalizaban 59 e 103 da xeral masculina e femenina respectivamente. Así, Jesús facía un tempo de 1.31 horas, mentras que Ester remataba cun crono de 2.29 horas.
 
 
CARREIRA POPULAR DE MEAÑO
 
Tamén se disputaba a Carreira Popular de Meaño o pasado fin de semana, ca presencia de Ramón López, que remataba no posto 227 da xeral.
 
 
CARREIRA POPULAR “CULTIVANDO DEPORTE”. BOIMORTO
 
Con motivo do “Festival da Luz” de Boimorto, se disputaba a I Carreira Popular “Cultivando Deporte”, e na cal participaba o xoven atleta Noel Villárabide, que lograba a victoria na categoría junior (denominación empregada aquí para os atletas de menores). Noel finalizaba os casi seis kilómetros do circuito cun tempo 23.32, acadándo ademáis o posto 17 da xeral.
 
 
CARREIRA MONTAÑA RIBADEO.
 
Tamén se disputou recientemente a Carreira de Montaña de Ribadeo e na cal tomou parte Juan Carlos Varela. O esixente circuito de montaña se disputaba sobre unha distancia de 21 kilómetros e Juan Carlos remataba no posto 49 da xeral, mentras que na categoría de menores, Lucía Varela lograba a victoria no apartado femenino.