Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 20 de enero de 2014

Resultados Fin de Semana 18 Xaneiro


CORRE CON NÓS. NOCTURNA MONUMENTAL


O pasado sábado 18 de Xaneiro celebrouse a terceira proba do circuito lucense do Corre con Nós, no cal tomaron parte cerca dunha veintena de atletas do club. O máis destacado veu de novo por parte das categorías inferiores, onde se lograron un total de dous podiums.

Na categoría B, o atleta Cristian Santos volvía a lograr de novo un gran segundo posto, mentras que entre as nenas a mellor foi Vanesa Blanco que acadaba o octavo posto. Noelia Sánchez finalizaba non posto 14 e a súa compañeira de equipo Nerea Lage remataba no posto 25.

Polo que respecta a categoría C, boa actuación dos nosos atletas cadetes, demostrando que están en boa forma de cara o galego do próximo domingo. Alex Casanova acadaba o tercer posto do podium, mentras que Adrián Lage e Pablo Piñón lograban a cuarta e octava posición respectivamente. Por último, Miguel Ángel Sánchez finalizaba no posto 15. Nesta mesma proba, na categoría femenina, María Carballido lograba o quinto posto.

Na carreira absoluta, o máis destacado foi Diego Fernández, que acababa nos posto 33 da xeral. A actuación do resto de atletas foi a seguinte:

Felipe Barata- posto 69
Jesús Rivas- posto 95
Rubén Ceide- posto 117
Ramón López-´posto 304
Roberto Longarela- posto 602
María del Mar Pérez- posto 59 F
Carmen Expósito- posto 131 F
Ester Mourenza- posto 225

No hay comentarios:

Publicar un comentario