Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 17 de febrero de 2014

Resultados Fin de Semana 16 de febrero

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA POR FEDERACIÓNS. MURCIA

Día histórico para o club este 16 de Febreiro, xa que un atleta do club tomaba parte por primeira vez nun Campeonato de España, aspecto éste moi reseñable nun club que apenas leva uns meses de existencia.

Ata Murcia se desplazaba o atleta Héctor Rodríguez co resto de integrantes da Selección Galega para tomar parte no Campeonato de España de Marcha en Ruta por Federacións, neste caso na categoría cadete. Boa actuación do noso atleta, logrando o posto 23 a nivel individual cun crono de 32:15 minutos. A nivel de selección a descalificación do tercer marchador de Galicia, impidiu a nosa comunidade puntuar na clasificación final.

Noraboa a este atleta pola gran progresión que está a ter nesta tempada.


4ª PROBA DO CORRE CON NÓS. OMBREIRO

Celebrouse na xornada do domingo 16 de Febreiro a cuarta proba do circuito lucense de carreiras populares, na que tomaron parte un nutrido número de atletas do club e que tiveron unha destacada actuación, sobre todo nas categorías de menores, que ademáis é o sector máis importante deste aínda incipiente club. Así, os representantes do Atletismo Friol 
lograban un total de 3 podiums nesta cita atlética.

Na categoría B, Cristian Santos firmaba unha vez máis un brillante segundo posto. Nesta mesma categoría, pero na proba femenina, Vanesa Blanco lograba un meritorio octavo posto. As súas compañeiras de equipo Noelia Sánchez e Andrea Lage entraban no posto 14 e 25 respectivamente.

Polo que respecta a categoría C, outros dous podiums para os nosos atletas. Gael Jaúregi e Maria Carballido firmaban ambos a segunda posición nas súas respectivas carreiras. Na proba masculina Adrián Lage quedaba na cuarta posición, Miguel Angel Sánchez remataba no posto 15 e Jesús Cabado no 20. Polo que respecta a proba femenina, aparte do segundo posto da citada María, Ana Varela e Andrea García remataban na quinta e séptima posición
respectivamente.

Noraboa os nosos nen@s por esta brillante actuación.

Xa na proba absoluta, o atleta máis destacado foi Suso Rivas, que lograba clasificarse no posto 64 da xeral. O lucense, especialista en carreiras de montaña está a demostrar un bo estado de forma. A clasificación dos restantes membros do club foi a seguinte:

Iago Setién- posto 68
Fernando González- posto 462
Carmen Expósito- posto 109 F (2ª categoría MF)
Ester Mourenza- posto 174 F.

CARREIRA DO COCIDO. LALÍN

Tamén tivemos representación na Carreira do Cocido de Lalín, unha proba xa clásica nas últimas temporadas no que o calendario de probas populares se refire. Os atletas participantes foron Irea Ferreiro e Fernán Ferreiro.

A xoven atleta Irea tomaba parte na proba alevín, logrando unha destacada séptima posición no que é unha das súas primeiras probas neste deporte. Pola súa parte, Fernán Ferreiro lograba rematar no posto 48 da xeral, sendo quinto na súa categoría de veteranos de máis de 45 anos.

Noraboa a ambos atletas por esos resultados

No hay comentarios:

Publicar un comentario