Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 23 de marzo de 2014

Resultados Fin de semana 23 de marzo

CARREIRA SOLIDARIA BALEIRA-CASTROVERDE.

Na matinal do dia 23 de Marzo  disputouse o trail solidario Baleira-Castroverde, na cal tomaron parte representantes do noso club.

Boa actuación dos atletas de menores. Aldara Ceide lograba a victoria na categoría mini femenina. Pola súa parte, os atletas da categoría A, Alex Castedo e Mateo Agüiar lograban a terceira e cuarta posición respectivamente na súa proba.

Xa na categoría B, Samuel Castedo lograba a victoria na carreira masculina, mentras que Nerea Lage lograba a segunda posición na proba femenina. Por última Adrián Lage tamén lograba a victoria na categoría C.

Polo que respecta os adultos, na proba de 20 km, Marcos Lage lograba o posto 20 da xeral, mentras que o seu compañeiro Suso Rivas finalizaba no 21.

Na proba de 10 km, Paula García lograba rematar no posto 12, mentras que Ester Mourenza finalizaba no posto 13 da xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario