Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 24 de julio de 2014

Resultados Fin de semana 20 de xullo

CARREIRA POPULAR DE CASTROVERDE

O pasado domingo 20 de xullo tivo lugar na vila de Castroverde a II Edición da Carreira popular da citada vila, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, logrando un total de 8 podiums na proba.

As probas comenzarían ca proba de pitufos, proba non competitiva e onde tomaba parte Aldara Ceide, que lograba entrar na primiera posición entre as nenas. Noel Villarábide lograba a victoria na proba alevín, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage lograba a segunda posición nas féminas.


Polo que respecta a categoría infantil, María Carballido lograba a primeira posición, mentras que Vanesa Blanco entraba no cuarto posto. Cristian Santos e Adil Loussini lograban a segunda e terceira posición respectivamente, mentras que Angel Martínez acadaba a quinta posición.

Entre os cadetes, Adrián Lage entraba en segunda posición, mentras que na proba xuvenil, Estela VillarábideCristian Montecelo eran os máis fortes e lograban a victoria nas súas probas.

Polo que respecta a proba absoluta, Carmen Expósito entraba en segunda posición na categoría de veteranas C, logrando un novo podium nunha exitosa tempada. Fernán López entraba no posto 15 da xeral (cuarto categoría), Felipe Barata no 22 e Fernando González (cuarto categoría) no posto 73 da xeral.

Sinalar tamén que un bo número de pais dos atletas de menores tomaron parte na andaina non competitiva que conxuntamente a carreira popular organizaba o concello de Castroverde, no que é unha boa noticia para o fomento da práctica deportiva e saudable entre a familia atlética de Friol

No hay comentarios:

Publicar un comentario