Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 8 de octubre de 2014

Resultados fin de semana 5 de outubro

CORUÑA 10.
 
O Pasado 5 de Outubro disputouse unha das probas máis imporantes do calendario de carreiras populares de Galicia, a proba Coruña 10, que contou ca presencia de catro atletas das categorías de menores do club, que tiveron unha destacada actuación.
 
Así, Cristian Montecelo era o primeiro en competir e lograba unha meritoria sexta plaza sobre os casi tres kilómetros do que constaba o trazado herculino. O seu compañeiro de equipo Adrián Lage lograba a mesma posición na proba cadete, evidenciando un bo estado de forma.
 

Polo súa parte, moi boa tamén a competición dos atletas infantiles Cristian Santos e Vanesa Blanco, que lograban a oitava e a decimoctava posición das súas respectivas probas.
 
Polo tanto, bó balance dos chavales nunha das primeiras citas importantes da temporada, onde todos eles competían como atletas de primeiro ano ante os mellores atletas galegos do seu grupo de edad.

No hay comentarios:

Publicar un comentario