Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Resultados Fin de semana 7 de decembro

XXIX CROSS DE LA CONSTITUCIÓN. ARANDA DE DUERO (BURGOS)
 
O pasado sábado 6 de Decembro se disputou en Aranda de Duero (Burgos), unha das citas máis importantes da temporada de cross que se disputa en España. Ata a población burgalesa se desplazaron seis atletas do noso club, para participar por primeira vez nun evento destas características. Bos resultados os dos nosos nenos e nenas, que evidencian un bo estado de forma.
 
Así, o máis destacado foi o cadete Adrián Lage, que na proba masculina lograba finalizar na octava posición, nunha proba caracterizada polo forte ritmo de saída. Na carreira femenina, María Carballido tamén competía a gran nivel, logrando finalizar na decimosegunda posición nesta proba.
 

Polo que se refiere a categoría infantil, Cristian Santos lograba rematar tamén entre os dez primeiros postos, o entrar en meta no noveno lugar, despois dunha carreira de menos a máis. O seu compañeiro de equipo, Noel Villarábide remataba no posto trixesimoquinto. Polo que respecta a carreira femenina, Vanesa Blanco acadaba o posto viseximoséptimo.
 
Por último, na categoría xuvenil, Cristian Montecelo lograba o decimonoveno posto, nunha proba de gran nivel competitivo, o igual que todas as que se disputaron, donde os nosos atletas competiron con atletas procedentes de todo o territorio nacional. 


I CARREIRA POPULAR DE ABEGONDO.
 
O Pasado domingo 7 de Decembro se disputou a I Carreira Popular de Abegondo na cal tomaron parte 3 atletas do noso club, logrando un pódium na categoría de menores.
 

Así, a atleta infantil Irea Ferreiro lograba un meritorio segundo posto na súa categoría, mentras que na proba absoluta Jesús Rivas lograba o posto 37 da xeral, mentras que Ester Mourenza finalizaba no posto 18 na súa categoría de veteranas
 



 
TROFEO DE PEDESTRISMO. CANGAS DO MORRAZO
 
No mesmo día tamén se disputaba o Trofeo de Pedestrismo de Cangas sobre unha distancia de 10 km aproximadamente e onde tomaba parte o atleta Ramón López.
 
Ramón lograba un crono 41.32 metros sobre a distancia, finalizando no posto 234 da xeral. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario