O pasado fin de semana catro nenos do noso club viaxaron e competiron na localidade castellanomanchega de Campo de Criptana (Ciudad Real), formando parte da delegación da Escola Galega de Marcha e na cal tiveron unha actuación moi destacada, logrando un total de 2 podiums nesta prestixiosa proba de marcha atlética, no Trofeo Nacional de Marcha “Villa de los Molinos”
Todos estos deportistas tomaban parte no día seguinte no Cross “Villa de los Molinos “da mesma localidade e na cal os nosos nenos volveron a ter unha destacada actuación, logrando un fantástico pódiums a cargo de Noelia Sánchez, que acadaba o terceiro posto. Nesta mesma carreira, Vanesa Blanco lograba a quinta posición e Nerea Lage a sexta. Xa, por último, Marcos Burgo entraba en séptima posición na categoría masculina.
CORRE CON NÓS. NOCTURNA MONUMENTAL
Tamén se disputou na xornada do sábado a proba do Corre con Nós, e na cal tomaban parte 5 atletas do noso club, que lograban nesta ocasión un total de dous pódiums.
A máis, destacada era María Carballido que lograba a victoria na categoría C, mentras que o seu compañeiro de equipo Cristian Santos conquería o segundo posto do caixón na mesma categoría.
Na categoría B, Samuel Castedo rozaba o pódium, o lograr o cuarto posto, mentras que Irea Ferreiro entraba na séptima posición na proba femenina. Por último, na categoría A, Aldara Ceide lograba finalizar no posto 18.
En canto a clasificación de adultos, foi a seguinte.
Jesús Rivas- posto 100
Manuel Ceide- posto 351
Roberto Longarela- posto 406
Fernando González- posto 409
Carmen Expósito- posto 105 F (3ª categoría)
Ana Luisa Novo- posto 215 F
A atleta do equipo Paula García Reboredo sufrir un pequeno percance na proba, sufriendo un esguince de nocello. Ánimo Paula e mellórate, pronto estarás de volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario