Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 5 de marzo de 2015

Resultados Fin de semana 1 de marzo

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. JUMILLA (MURCIA)
 
Este domingo 1 de Marzo, o atleta Miguel Ángel Sánchez se convertía no primeiro atleta de Friol que tomaba parte nun campeonato nacional, o participar ca selección galega cadete no Campeonato de España de Marcha en Ruta por Federacións na cidade de Jumilla (Murcia).
 
Miguel finalizaba a proba no posto 35 da proba cadete masculina, cun tempo de 31.16 minutos sobre o circuito de 5 kilometros. Bo debut para Miguel nun evento destas características. Galicia finalizaba no quinto posto na clasificación por comunidades.
 
 CAMPEONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
 
O Pasado sábado 28 de Febreiro  disputouse en A Coruña o Campeonato Galego Cadete de Pista Cuberta, no cal o club tivo representación por parte de 3 atletas, logrando un valioso podium.

Así, na proba de salto de altura, o atleta Pablo Piñón, lograba unha merecida medalla de bronce, o lograr salta 1.55 metros.
 
Pola súa parte, nesta misma proba, pero na categoría femenina, María Carballido finalizaba no posto 14, o facer un mellor salto de 1.30 metros.





Por último, Adrián Lage remataba nos posto octavo na proba do triple salto, cunha mellor marca de 10.23 metros.
 

CAMPEONATO GALEGO VETERANO DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
 
Tamén se disputou no recinto herculino de Riazor o pasado 1 de Marzo o Campeonato Galego Cadete de Veteranos, ca presencia da atleta Carmen Expósito, que lograría un balance de dúas medallas de prata, o finalizar polo tanto en segunda posición tanto na proba dos 200 metros lisos como na de 400 metros lisos.
 
CARREIRA POPULAR DE ORDES
 
Presencia do club tamén na Carreira Popular de Ordes a cargo da atleta da categoría infantil Irea Ferreiro, que lograría a victoria na proba infantil/Cadete, amosando o bo momento de forma na que se atopa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario