Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 15 de mayo de 2015

Resultados Fin de semana 2 de maio

CARREIRA POPULAR DE FRIOL
 
O pasado 2 de Maio tivo lugar en Friol a III Edición da Carreira Popular Concello de Friol, e na que o noso club  colabora de xeito sigfinificativa na organización da mesma. Por ser a proba local, tivemos unha numerosa representación, con máis de 80 nenos participando nunha proba que persigue o fomento da actividade física en todo o entorno municipal. En canto os resultados, se lograron un total de 12 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, Ramón Loureiro lograba o segundo posto dentro desta proba. A súa compañeira de equipo Rebeca Arias entraba na terceira posición na proba benxamín femenina. Polo que respecta os alevíns, Juan David López Ramos lograba a victoria.

Xa na categoría infantll masculina, triplete para os atletas do colexio, xa que Cristitan Santos, Noel Villarábide e Marcos Burgo lograban as tres primeiras posicións respectivamente.

Dominio tamén de Adrián Lage na categoría cadete, mentras que o seu compañeiro de equipo Adil Loussini conquería o tercer caixón do pódium. Por último, María Carballido lograba a segunda posición na proba cadete.

Na categoría xuvenil, Cristian Montecelo gañaba con autoridade, mentras que nas súas respectivas categorías de veteranos, Manuel Ceide e Carmen Expósito lograban a terceira posición.
 
 
CONTROL MARCAS. FERROL
 
O pasado 1 de Maio, catro nenos do noso club se desplazaron a Ferrol na procura de unhas boas marcas que lles permitan acceder os distintos campeonatos autonómicos e nacionais que se disputarán próximamente.

O máis destacado foi Adrián Lage, que na proba dos 1.000 metros lisos lograba parar o crono nun tempo de 2.45 minutos, que lle da acceso directo o Campeonato de España Cadete a disputar en Valladolid o vindeiro mes de xullo.
Pola súa parte, María Carballido lograba uns cronos de 1.51 minutos nos 600 metros lisos e tamén 53.85 nos 300 metros vallas. Cristian Montecelo facía 11.83 na proba do triple salto, mentra que Vanesa Blanco facía 12.75 nos 80 metros lisos e 1.22 no salto de altura.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario