Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 10 de mayo de 2016

Resultados Fin de semana 17 de abril

1ª CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA. LUGO
 
O pasado domingo 17 se disputou en Lugo a 1ª proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade, e onde máis de 30 atletas do noso club tiveron presencia neste primer contacto ca temporada do atletismo en pista. Destacada actuación de todos eles, logrando un total de 40 postos en posición de podium.
 
Así, un total de 13 foron as victorias dos nosos nenos. Jorge Santos gañaba dúas probas, o lanzamento de disco e de martelo. O mesmo que facía a súa compañeira de equipo Paula Piñón, que se impoñía con autoridade nas probas de lanzamento de disco e xavalina. Tamén Cristian Santos gañaba os 3000 metros lisos e a proba de salto de altura. Outras victorias viñas a carga de Juan David López Ramos nos 2.000 metros lisos alevín, Samuel Castedo na altura infantil, Mario Campos nos 2 kilómetros marcha, Andrea Iglesias no lanzamento de disco e Martelo, Leire Santos no lanzamento de xavalina alevín e Vanesa Blanco nos 3 kilómetros marcha cadete.
 
Os segundo postos viñan a cargo de Marcos Burgo nos 3.000 metros lisos cadete, Samuel Castedo nos 220 metros valos, Alejandro Fernández no salto de altura infantil, David Fariñas no salto de altura alevín, Esteban Iglesias no disco infantil, Martín Vran no martelo infantil, o equipo de relevos 5x80 infantil, Lucía Varela nos 500 metros lisos infantil, Carla Reija nos 1.000 metros benxamín, María Carballido nos 1.000 metros obstáculos, Noelia Sánchez no lanzamento de martelo, Lucía Varela na xavalina infantil, Andrea Fariñas nos 3.000 metros lisos, Leire Santos nos 2 km marcha e Eva Freire nos 3 km marcha cadete.
 
Polo que respecta os terceiros postos, Mateo Jaúregi por partida doble nos 500 metros lisos e triple salto, Noel Villarábide nos 3.000 metros lisos, Mario Campos na xavalina alevín, Jorge Santos na xavalina infantil, Esteban Iglesias no peso e martelo infantil, Martin Vran no disco, Vanesa Blanco na altura cadete, Andrea Iglesias no peso infantil, Carla Reija no peso benxamín, e o equipo de relevos 5x80 infantil, lograban o simbólico tercer escalafón do podium.
 
 
CORRE CON NÓS. OMBREIRO
 
Tamén na mesma xornada de domingo se disputou unha nova edición do popular circuito de carreiras do Corre con Nós, e donde tamén houbo representación do noso club.
 
Aldara Ceide gañaba a proba da categoria A, mentras que a súa compañeira de equipo Ánxela Maneiro lograba o tercer posto na mesma categoría. O seu irmán Paulo entraba no posto 40 na categoría masculina.
 
Polo que respecta a clasificación absolulta, Jesús Rivas facía o posto 94 na liña de meta. Diego Trigo o facía no posto 145 e Manuel Ceide no 319. Entre as féminas, Ester Mourenza o facía no 137.

No hay comentarios:

Publicar un comentario