CAMPEONATO GALEGO DE CROSS. A BAÑA
O pasado domingo 4 de Febreiro se disputou na localidade coruñesa de A Baña, O campeonato galego cadete e xuvenil de Cross, no cal estiveron presentes once nenos e nenas do noso club, que tiveron un destacadísimo papel.
O gran protagonismo da xornada recaeu no equipo cadete femenino, que lograba a segunda posición e, polo tanto, o subcampeonato galego de Cross por clubs, ganándose polo tanto a plaza para poder disputar o Campeonato de España de Cross por Clubs, que se disputará a finais de febreiro na localidade de Marina Dor (Castellón). O equipo cadete, composto por Noelia Sánchez, Lucía Varela, Nerea Lage, Andrea Fariñas e Vanesa Blanco lograba un total de 38 puntos. Pola súa parte, Noelia Sánchez tamén lograba o subcampeonato individual o entrar en segunda posición na proba, gañando por tanto a medalla de prata e tamén clasificándose para o Campeonato de España de Cross individual, que se disputará no mes de Marzo en Extremadura. As súas compañeiras de equipo finalizaban nas seguintes posicións: Lucía Varela o facía no posto 13, Nerea Lage o facía no posto 15, Andrea Fariñas remataba no posto 18 e Vanesa Blanco o facía no 48.
No apartado masculino, e dentro da categoría cadete, Cristian Santos finalizaba no posto 35 da xeral, mentras que os seus compañeiros Noel Villarábide e Mateo Jauregi o facían no posto 40 e 61 respectivamente. Polo que respecta a categoría xuvenil, Adrián Lage acadaba o noveno posto e a súa compañeira de equipo, María Carballido, tivo que abandonar por problemas físicos no aparatado femenino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario