Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 1 de marzo de 2017

Resultados fin de semana 26 de febreiro

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS DE CLUBS. MARINA D´OR (CASTELLÓN)
 
Gran actuación das nosas nenas no Campeonato de España de Campo a Través de Clubs disputado o pasado 26 de de Febreiro na localidade castellonense de Marina D´or, e onde por primeira vez o club lograba ter presencia nun evento tan importante coma este. O equipo do Atletismo Friol finalizaría neste campeonato nacional en posto de finalista, xa que lograba un magnífico séptimo posto cun total de 220 puntos.

No apartado individual a primeira atleta en entrar en meta era Noelia Sánchez, que lograba encaramarse o posto número 13 da clasificación, mentras que a súa compañeira de equipo, Lucía Varela entraba no posto 26. A continuación entrarían Nerea Lage e Andrea Fariñas, que farían o posto 90 e 91 respectivamente. Por último, Vanesa Blanco entraba no posto 196 nunha proba na que tomaron parte máis de 300 atletas provenientes de toda a xeografía nacional. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario