Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 12 de mayo de 2017

Resultados fin de semana 30 de abril

CARREIRA POPULAR DE CHANTADA.
 
O pasado 30 de Abril se disputou en Chantada unha nova edición da carreira popular de dita localidade e onde os atletas do club lograban un total de 7 podiums.

Así, na categoría cadete masculino, Marcos Burgo lograba a victoria, mentras que na proba femenina houbo un triplete das nosas nenas. Así, Noelia Sánchez entraba en primeira posición, mentras que as súas compañeiras de equipo, Nerea Lage e Vanesa Blanco o farían na segunda e terceira posición respectivamente.

Pola súa parte, na carreira xuvenil, Adrián Lage entraba en segunda posición na categoría xuvenil sobre a distancia dos 10 km, sendo o seu compañeiro Miguel Ángel Sánchez o terceiro na liña de meta. Por último, na categoría junior femenino, segunda posición nesta categoría para Estela Villarabide
 
Polo que respecta a categoría absoluta, Jesús Rivas finalizaba no posto 16 da clasificación xeral, mentras que Ester Mourenza o facía no posto 31 das féminas.

CONTROL MARCAS. O BARCO
 
O pasado luns 1 de Maio se disputou en O Barco un control de marcas a cal acudiron catro atletas do noso club.
 
María Carballido participaba na distancia dos 2.000 metros obstáculos, proba na que buscaba a mínima para o campeonato de España. A pesar de gañar a carreira, María se quedaba a 9 segundos para lograr ese crono de referencia, marcando en liña de meta un tempo de 7.44 minutos.
 
Pola súa parte, Noelia Sánchez facía un tempo de 1.41  nos 600 metros, mentras que Nerea Lage facía 1.48  e Vanesa Blanco, 1.51

No hay comentarios:

Publicar un comentario