Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 4 de junio de 2017

Resultados Fin de semana 28 de maio

CAMPEONATO GALLEGO CADETE E XUVENIL DE MARCHA. OURENSE

O pasado domingo 28 de Maio se disputou en Ourense o Campeonato Galego Cadete e Xuvenil de marcha e no cal participaron 6 atletas do club, logrando un total de 2 podiums.

Así, Nerea Lage lograba a medalla de prata na categoría cadete, onde marcaba un rexistro de 16.05 minutos na liña de meta, mentras que Vanesa Blanco cun tempo de 16.08 minutos se facía ca medalla de bronce. Nesta mesma proba, Eva Freire lograba a séptima posición.  Polo que respecta a categoría cadete masculino, Juan Zas lograba a cuarta posición, mentras que Marcos Burgo era descalificado.

Por último, na categoría xuvenil, Miguel Ángel López entraba no quinto posto na proba dos 5 kilómetros marcha.


CARREIRA POPULAR DE FRIOL

O pasado domingo 28 de Maio se disputou a V Edición da Carreira Popular de Friol, e onde houbo unha numerosa presencia de deportistas da nosa entidade, logrando na mesma un total de 24 podiums.

Así, na categoría prebenxamín houbo un triplete no apartado femenino, xa que Rebeca Miragaya, Grace Gainsford e Alba Meñán lograban as tres primeiras posicións neste orde.

Polo que respecta a categoría benxamin, Ramón Loureiro lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo Mateo Villar entraba en segunda posición. Entre as féminas, Aldara Ceide se alzaba co triunfo e Noa Mouriz era terceira.

Héctor Trabado se levaba a victoria na categoría alevín, proba onde Mateo Aguiar e Mario Campo logranban o segundo e tercer escalafón do podium respectivamente. Rebeca Arias entraba en segunda posición na carreira das nenas.

Triplete tamén na categoría infantil, proba onde o dominador era Juan David López, e onde era segundo Javier Lourés e Gael Martínez entraba no terceiro posto. Leire Santos era segunda na carreira das nenas e Andrea Espiñeira lograba a terceira posición.

Xa na categoría cadete, Cristian Santos entraba no primeiro posto e Noel Villarábide lograba a segunda posición, mentras que Samuel Castedo subía o tercer escalafón do podium. Noelia Sánchez gañaba a proba das féminas e Lucía Varela era segundo.

Por último, na carreira absoluta, María Carballido debutaba na proba dos 5 kilómetros, sendo terceira na clasificación absoluta e domiñando a categoría xuvenil. No apartado masculino, Angel Martínez gañaba a carreira da categoría xuvenil.

O resto da actuación dos membros do club na carreira absoluta foi a seguinte:

Jesús Rivas- posto 12
Diego Trigo- posto 22
Juan Carlos Varela- posto 79
Ramón López- posto 89
Nemesio Gutierrez- posto 106
Manuel Ceide- posto 129
Jose Angel Vázquez- posto 135
Rafael Villarabide- posto 140
Ester Mourenza- posto 28 F.

No hay comentarios:

Publicar un comentario