CAMPEONATO GALEGO CADETE E XUVENIL. FERROL
O pasado domingo 4 de Xuño se disputou en Ferrol o Campenato Galego
Cadete e Xuvenil e no cal estivo presente unha boa representación do
club, e onde se lograban un total de catro medallas.
Lucía Varela lograba a victoria na proba dos 1.500 metros obstáculos,
facendo un tempo ademáis de 5.24 minutos, marca que ademáis representa a
mínima para o nacional cadete que se disputará en Murcia o vindeiro mes
de Xullo. Tamén lograba unha meritoria medalla de prata Noelia Sánchez,
que entraba en segunda posición na proba dos 3.000 metros lisos. Samuel
Castedo acadaba a medalla de bronce na proba de salto de altura, onde
facía un mellor salto de 1.65 metros, mentras que Jorge Santos tamén era
terceiro na disciplina do lanzamento de xabalina cun rexistro 33.34
metros.
O resto da actuación dos atletas de Friol foi o seguinte: Alejandro
Fernández conquería a cuarta posición no salto de altura cun salto de
1.59 metros, mentras que Jorge Santos tamén era cuarto na proba do
lanzamento de disco cun mellor lanzamento de 35.71 metros. Cristian
Santos, cun crono de 10.28 entraba no quinto posto na proba dos 3.000
metros lisos, mentras que Andrea Fariñas conquería a novena posición na
mesma proba. Nos 600 metros lisos, Nerea Lage entraba no sexto posto con
1.48 minutos e Vanesa Blanco era oitava con 1.50 minutos.
GRAN PREMIO DE MARCHA OS CANTONES. A CORUÑA
Como é habitual dende a creación do club, varios integrantes da sección
de marcha do club se desplazaron ata A Coruña para a disputa do Gran
Premio Internacional de marcha Os Cantones, no cal os nosos nenos e
nenas tiveron unha destacada actuación.
Así, na categoría benxamin, tanto Noa Mouriz como Lucas Castiñeira
lograban o cuarto posto nas súas respectivas, mellorando ademáis a súa
mellor marca persoal sobre a distancia de 1 kilómetro. Na categoría
alevín, tamén Mario Campo lograba mellorar o seu tope persoal sobre a
proba dos 2 kilómetros, e facendo ademáis un meritorio quinto posto.
Na categoría infantil, Leire Santos lograba a decimoterceira posición e
tamén lograba mellorar o seu rexistro persoal. Polo que respecta a
categoría cadete, Nerea Lage era cuarta, Eva Freire oitava e Vanesa
Blanco non tiña o seu día, xa que abandonaba con problemas estomacais.
Por último, Miguel Ángel Sánchez entraba no quinto posto na distancia
dos 5 kilómetros, facendo ademáis o seu mellor rexistro na distancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario