Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 22 de septiembre de 2017

Resultados Fin de semana 16 de setembro

CARRERA DE LA MUJER. A CORUÑA

           De novo un ano máis tivemos presencia na V Edición da Carrera de la Mujer, disputada en A Coruña o pasado 17 de Setembro, e donde as nosas nenas tiveron un bo resultado.

           Así, o equipo de Atletismo Friol se proclamaba gañador na categoría absoluta de clubs, logrando revalidar de este xeito o título acadado a pasada tempada.

            Nas actuacións individuais, Noelia Sánchez lograba a victoria na categoría de 12 a 15 anos, mentras que María Carballido tamén se lograba impor na categoría de 16 a 19 anos. Pola súa parte, Nerea Lage era cuarta na categoría de 12 a 15 anos e Vanesa Blanco lograba o posto 14 na mesma categoría.

MEDIA MARATÓN DE OPORTO.

              Tamén tiñamos representación do club no Medio Maratón de Oporto (Portugal). Ata alí se desprazaba Ramón López para competir nunha proba de nivel internacional, e onde finalizaba cun mellor rexistro de 1.44 h, logrando o posto 1501 da xeral dos máis de 5.000 inscritos na mesma

MEDIA MARATÓN DE RIBADEO.

              Na media maratón de Ribadeo, presencia do atleta do club, Suso Rivas, que finalizaba nun meritorio 34 posto da xeral, logrando en meta un rexistro de 1.28 minutos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario