
O pasado domingo 10 de Setembro celebrouse na localidade Riveira o Campionato Galego de Media Maratón, no cal tomaba parte Adrián López Baltar. O atleta de Chantada lograba un excelente resultado, xa que se proclamaba campeón galego da categoría promesa cun rexistro de 1.18 h.
CARREIRA POPULAR DE BOIMORTO.
Bo comenzo de tempada para os atletas do club, xa que a carreira de Boimorto supoñía o pistoletazo de saída para o novo curso atlético. A gran protagonista deste evento sería María Carballido, xa que a xoven atleta lograba a victoria absoluta. María lograba a primeira posición o marcar un tempo de 23.22 minutos sobre un percorrido de 5.400 metros.
Pola súa parte, Noel VIllarabide e Samuel Castedo lograban o posto 28 e 39 da clasificación xeral, mentras que Rafael Villarabide entraba no posto 75 e Ana Belén Varela lograba o séptimo posto na clasificación de féminas.
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ORDES

O pasado domigo 10 de Setembro disputouse na localidade de Ordes a XXII Edición da súa carreira popular e na cal tomaron parte catro atletas do noso club e onde se lograba un total de tres podiums. Así, Adríán Lage se facía ca victoria na categoría xuvenil, ademáis de conquerir unha meritoria séptima posición na clasificación xeral.
Pola súa parte, Nerea Lage tamén se impoñía na categorgía cadete, mentras o seu compañeiro de equipo Marcos Burgo era terceiro na mesma categoría. Por último, Vanesa Blanco entraba no cuarto posto na carreira cadete.
CARREIRA POPULAR TERRA E MAR. BENQUERENCIA

CARREIRA POPULAR DE MOAÑA
Tamén presencia de atletas do club na Carreira Popular de Meaño, xa que Ramón López Marín ocupaba a posición 116 da xeral, mellorando ademáis o seu rexistro persoal nesta mesma proba.
24 HORAS DE VIGO
O pasado fin de semana se disputaba as 24 Horas de Vigo, onde tomaba parte tamén o atleta chantadino Fernando Ibarra, e onde o ultrafondista lograba unha excepcional segunda posición da clasificación xeral, logrando ademáis un rexistro superior os 200 km, xa que Ferando facía un total de 202 kilómetros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario