Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 18 de noviembre de 2014

Resultados Fin de semana 16 novembro 2014

CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

O Pasado domingo 16 de Novembro se celebrou na cidade de Orense a tradicional proba do San Martiño, no que é a mellor carreira popular do calendario atlético galego, ademáis de ser a máis numerosa cunha participación total de 11.000 deportistas. Alí estiveron 12 atletas do club competindo a un bon nivel e logrando un valioso podium na categoría de menores.

Así, o máis destacado foi o tercer posto de Adrián Lage na categoría cadete, despois dunha gran carreira na que demostraba xa estar entre os mellores atletas da categoría a nivel autonómico. Adrián foi a punta de lanza dun equipo de menores, que tivo unha destacada actuación, logrando colocar ata 6 nenos entre os dez primeiros clasficados das súas respectivas categorías.
 


Así, na categoría infantil masculino, Cristian Santos lograba un meritorio quinto posto, mentras que o seu compañeiro de equipo Noel Villarábide entraba en meta na onceava posición.Na proba femenina gran actuación en conxunto, con Noelia Sánchez, Nerea Lage e Vanesa Blanco logrando a séptima, a novena e a vixesimocuarta posición respectivamente.

Polo que se refierea a proba cadete femenina, destacable a actuación de María Carballido que lograba a quinta posición, mentras que Cristian Montecelo entraba nunha traballada séptima posición na categoría xuvenil

Polo que respecta os adultos, o máis destacado foi Ramón López, que lograba o posto 1476 da xeral cun crono de 46.19 minutos, mentras que a actuación do resto de atleas foi a seguinte:

Fernando González- posto 2024   49.11 minutos
Mar Pérez - posto 243 F                53.53 minutos
Carmen Expósito- posto 462 F      59.12 minutos



CARREIRA POPULAR DE XERMADE

Cunha nutrida representación de 36 atletas do noso club, se disputou o pasado sábado 15 de Novembro a V Carreira Popular de Xermade, na cal o club lograba un total de 10 podiums neste evento.

Así, na categoría prebenxamín, a victoria era para Samuel Villar no que era a súa primeira carreira popular que facía. O seu compañeiro de equipo Ramón Loureiro lograba a terceira posición. No que respecta a categoría femenina, Aldara Ceide lograba a terceira posición.
 

Na categoría benxamín, Ánxela Maneiro lograba a terceira posición do podium. En canto a categoría infantil, dominio de Samuel Castedo, que lograba importe na carreira, mentras que o seu compañeiro de equipo, Marcos Burgo lograba a terceira posición.

Adil Loussini conquería a segunda posición na proba cadete, mentras que entre os xuveniles Tino Villar lograba unha merecida victoria e a súa compañeira de equipo Antía Meñán ocupaba o tercer escalafón do podium no que era o seu debut competitivo.

Por último, Manuel Ceide era segundo na súa categoría de veteranos.


CROSS DE ATAPUERCA

Tamén o club tivo presencia nun dos mellores cross do mundo, o cross de Atapuerca (Burgos), a través do atleta cadete Pablo Piñón, que tivo unha destacada actuación, logrando o posto 40 dun total de máis de 150 atletas e chegando por momentos a liderar a proba.

III CROSS DO MAGOSTO

O pasado venres 14 de Novembro se disputou no Colexio de Friol a III Edición do Cross do Magosto, unha actividade lúdico-competitiva que trata de formentar o deporte e a actividade entre os nenos e nenas do colexio. A xornada contou cunha nutrida participación do alumnado de primaria e se disputou no medio dun agradable ámbiente deportivo.

Todos os nenos e nenas levaron unha medalla conmemorativa do evento, e ademáis se entregaron uns trofeos para os tres mellores clasificados de cada ciclo educativo. Así, os resultados por ciclos foron os seguintes:

1º CICLO

CATEGORÍA MASCULINA

1º- Mateo Aguiar

2º- Alexis Castedo

3º- Ramón Loureiro

CATEGORÍA FEMENINA


1ª- Lucía Roca

2ª- Aldara Ceide

3ª- Ánxela Maneiro

2º CICLO

CATEGORÍA MASCULINA

1º- David Fariñas

2º- Juan David López

3º- Jesús Fagil

CATEGORÍA FEMENINA

1ª- Rebeca Arias

2ª- Molly Jane Merchant

3ª- Leire Santos

3º CICLO

CATEGORÍA MASCULINA

1º- Adil Loussini

2º- Noel Villarábide

3º- Marcos Burgo

CATEGORÍA FEMENINA

1ª- Andrea Fariñas

2ª- Noelia Sánchez

3ª- Ana Villar



Noraboa a todos por estos resultados, e sobre todo, polo interés na práctica deportiva, independiemente de cal sexa o resultado.