Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Resultados fin de semana 21 de setembro

CARREIRA POPULAR DE TABOADA
 
O pasado 20 de setembro se disputaba na localidade de Taboada a III Edición da Carreira Popular “Entre Pazos e Carballos”, o cal acudían unha boa representación de nenos e nenas do noso Club, que tiveron unha destacada actuación logrando un total de 4 podiums.
 
Destes 4 podiums, tres dos mesmos foron victorias, xa que tanto Cristian Santos como Vanesa Blanco lograban imporse nas carreira B ante atletas de calidade. Tamén facía o mesmo Adrián Lage na categoría C. Noelia Sánchez era terceira na categoría B, co que pechaba o número de podiums dos atletas de Friol.
 
A destacar tamén os cuartos postos logrados por Aldara Ceide, Samuel Castedo e Nerea Lage nas súas respectivas categorías.

CARRERA DE LA MUJER. A CORUÑA
 
Tamén o pasado 21 de Setembro se disputou unha nova edición da Carrera de la Mujer, que tivo lugar na cidade de A Coruña, e que contou ca presencia de 5.000 mulleres dispostas a pasar unha agradable matinal de actividade física e deporte.
 
O noso Club estivo  representado por María Carballido e Mar Pérez, que tiveron unha destacadísima actuación, logrando María un gran 35 posto na clasificación xeral, e subindo o podiun na súa categoría de 12 a 15 anos, na que conquería o terceiro posto. María lograba finalizar os 5.200 metros dos que constaba o circuito nun crono de 23.07 minutos.
 
Pola súa parte, Mar Pérez conquería unha meritoria 70 posición da xeral, obtendo un crono na liña de meta de 24.05 minutos.

 
Tamén e salientable a presencia de atletas vinculadas o noso club que participaron nesta proba respresentando a distintos equipos e que tamén lograban unha boa actuación. Así, Ana Varela, María José Molejón, Esther Mourenza, Paula García ou Judith Prado tiñan un merecido protagonismo nesta proba atlética.

viernes, 19 de septiembre de 2014

Resultados fin de semana 14 Septiembre

CARREIRA POPULAR TERNERA GALLEGA. LUGO
 
O pasado sábado 13 de setembro se disputou en Lugo a I Edición da Carreira Popular Ternera Gallega, e na cal houbo unha nutrida representación de atletas do noso Club, e que tiveron unha destacada participación, logrando meter ata 6 atletas en posto de podium.
 
Así, na categoría alevín femenia, destacou o tercer posto de Noelia Sánchez, mentras que as súas compañeiras de equipo Nerea Lage e Irea Ferreiro lograban o quinto e sexto posto respectivamente. Pola súa parte, na proba masculina, Unai Frias lograba a quinta posición na proba masculina.
 
Polo que respecta a categoría infantil femenina, María Carballido e Vanesa Blanco lograban uns meritorios sengundo e tercer puesto, mentras que na proba masculina Miguel Ángel Sánchez entraba en segunda posición.
 
Por último, Adrián Lage era segundo na proba cadete, mentras que na categoría xuvenil da proba absoluta, Cristian Montecelo entraba en segundo lugar.
 
Tamén hai que sinalar a presencia nesta proba dos nenos da categoría prebenxamín Mateo e Icía Sánchez, Iván Neira e Aldara Ceide, que tomaron parte nunhas probas non competitivas.
 
Xa na proba absoluta os resultados dos nosos atletas foi o seguinte:
 
Felipe Barata- posto 16
Suso Rivas- posto 27
Cristian Montecelo- posto 66
Manuel Ceide- posto 122
Pilar Cobas- posto 33 F
María García- posto 44 F
Ester Mourenza- posto 66 F

martes, 9 de septiembre de 2014

Resumo das carreiras do verán.


MARÍN + 10

O pasado 1 de Agosto se disputou en Marín unha das probas con máis participación do calendario veraniego galego, unha cita que congregou a máis de 700 atletas e na cal estiveron presentes 3 atletas do club.


Sobre un trazado de 10 km, Felipe Barata lograba o posto 80 cun crono de 37.30 minutos, mentras que Ramón López acadaba o posto 320 cunha marca de 44.27 minutos. Por último, Mar Pérez finalizaba no posto 44 entre as féminas cun mellor rexistro de 51.51 minutos.



CARREIRA POPULAR DE OS VILARES

        Un ano máis, e aproveitando a cercanía a aldea de Os Vilares (Guitiriz), un grupo de atletas do club se desprazou para competir no que xa é unha clásica do mes de agosto. O club logrou nesta ocasión un total de 6 podiums.


         Así, na categoría de menores, Aldara Ceide lograba a victoria na súa categoría A, no tocante a carreira de nenas. Na categoría B, David Fariñas lograba a segunda posición.

Xa na categoría C, Adrián Lage lograba a victoria, mentras o seu compañeiro de equipo Miguel Ángel Sánchez conquería o tercer escalafón do podium. Angel Martín era quinto e Unai Frias séptimo. Entre as nenas, Andrea Fariñas lograba a segunda posición, mentras que Vanesa Blanco entraba cuarta. Pola súa parte, Noelia Sánchez e Nerea Lage eran sexta e séptima respectivamente.

Polo que respecta a categoría absoluta, o podium lle correspondía a Manuel Ceide que lograba a terceira posición na categoría de veteranos +55. O resto da actuación de atletas foi a seguinte:
Felipe Barata- posto 37
Marcos Lage- posto 42
Pilar Cobas- posto 20 F.

MEDIA MARATÓN RIBADEO- AS CATEDRAIS

O pasado sábado 6 de septembro se disputou na vila de Ribadeo a I Edición da media maratón Ribadeo-praia das Catedrais e na cal tomaron parte 4 atletas do club. O percorrido entre a localidade da mariña lucense e un dos paraxes máis espectaculares da xeografía nacional estivo marcada pola gran organización do evento, ademáis de pola espectacularidade dun circuito que aspira a ser declarado Parque Nacional.


Os resultados dos catro atletas que completaron o circuito foi o seguinte:

Felipe Barata- posto 53       1h 26m 40sg
Suso Rivas- posto 193         1h 36m 13 sg
Ramón López- posto 298     1h 40m 56 sg
Mar López- posto 40 F         1h 58m 14 sg.


CARREIRA POPULAR FESTAS DA MILAGROSA

Tamén se disputou o mesmo 6 de setembro a II Edición da carreira popular Festas da Milagrosa (Lugo), onde competiron 5 atletas do club, logrando 3 podiums. Todos os atletas competiron na categoría C, que englobaba a atletas da categoría infantil e cadete.

Cristian Santos lograba a victoria no apartado masculino, mentras que o seu compañeiro de equipo Miguel Sánchez entraba en terceira posición. Pola súa parte María Carballido quedaba en segunda posición entre as féminas. Noelia Sánchez e Ángel Martínez eran cuarta e séptimo respectivamente.



CARREIRA TERRA E MAR. BENQUERENCIA

Por último, presencia dos atletas de Friol na popular Terra e Mar de Benquerencia a cargo do atleta prebenxamín Iván Neira, que na súa proba lograba unha meritoria séptima posición nesta proba de iniciación atlética.



Q-TOWN 5 KM

Coincidindo ca súa estadía en USA por motivos de estudio, a atleta Estela Villarábide debutaba nunha competición atlética na súa localidade de residencia, Quincy (Michigan).





A xoven deportista de Friol non puido ter mellor debut, xa que sobre unha distancia de 5 km en ruta, lograba un valioso segundo posto na súa categoría xuvenil, que lle servía para subir o podium e inaugurar con bo pé a seu palmarés deportivo no país americano.

Benvidos a unha nova tempada ....

de mallar duro!