Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 24 de julio de 2014

Resultados Fin de semana 20 de xullo

CARREIRA POPULAR DE CASTROVERDE

O pasado domingo 20 de xullo tivo lugar na vila de Castroverde a II Edición da Carreira popular da citada vila, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, logrando un total de 8 podiums na proba.

As probas comenzarían ca proba de pitufos, proba non competitiva e onde tomaba parte Aldara Ceide, que lograba entrar na primiera posición entre as nenas. Noel Villarábide lograba a victoria na proba alevín, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage lograba a segunda posición nas féminas.


Polo que respecta a categoría infantil, María Carballido lograba a primeira posición, mentras que Vanesa Blanco entraba no cuarto posto. Cristian Santos e Adil Loussini lograban a segunda e terceira posición respectivamente, mentras que Angel Martínez acadaba a quinta posición.

Entre os cadetes, Adrián Lage entraba en segunda posición, mentras que na proba xuvenil, Estela VillarábideCristian Montecelo eran os máis fortes e lograban a victoria nas súas probas.

Polo que respecta a proba absoluta, Carmen Expósito entraba en segunda posición na categoría de veteranas C, logrando un novo podium nunha exitosa tempada. Fernán López entraba no posto 15 da xeral (cuarto categoría), Felipe Barata no 22 e Fernando González (cuarto categoría) no posto 73 da xeral.

Sinalar tamén que un bo número de pais dos atletas de menores tomaron parte na andaina non competitiva que conxuntamente a carreira popular organizaba o concello de Castroverde, no que é unha boa noticia para o fomento da práctica deportiva e saudable entre a familia atlética de Friol

jueves, 10 de julio de 2014

Resultados fin de semana 5 de Xullo

CAMPEONATO GALEGO DE 5 KM EN RUTA. POPULAR DE CURTIS.
 O pasado sábado 5 de Xullo disputouse en Curtis o Campeonato Galego de 5 km en ruta, na cal tomou parte a nosa atleta Carmen Expósito, e na cal lograba  unha brillante medalla de prata na categoría de W-55. Ademáis, conxuntamente co Campeonato Galego se disputaba a carreira popular, onde 9 atletas das categorías inferiores tomaban parte na mesma, obtendo un total de 8 podiums nesta proba. Así, na categoría prebenxamín, Aldara Ceide lograba a victoria nesta proba, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage conquería a segunda posición na proba alevín femenina. Xa na proba infantil, dominio dos nosos atletas, con Cristian Santos gañando a carreira por diante de Adil Loussini, que ocupaba a segunda posición. Nas nenas, victoria de María Carballido por diante da súa compañeira Vanesa Blanco, que entraba tamén en segunda posición. Adrián Lage gañaba con comodidades a proba cadete. Por úlltimo, Cristian Montecelo tamén se impoñía na proba xuvenil.



domingo, 6 de julio de 2014

Resultados fin de semana do 28 de xuño

CARREIRA OS 21 DO CAMIÑO. MELIDE
 
O pasado sábado 28 de de Xuño se disputou a II Edición da carreira os 21 do Camiño entre as localidades de Palas e Melide, e no cal tomaron parte unha boa represetación de atletas do club, sobre todo na categoría de menores, onde se lograban un total de 9 podiums: 6 primeiros postos e 3 segundos postos.
 
Así, na categoría benxamín, Juan David López Ramos lograba a segunda posición, mentras que na categoría alevín, dominio dos nosos atletas cas victorias de Nerea Lage e Noel Villarábide no apartado femenino e masculino respectivamente.
 
Xa na categoría infantil, o triunfo foi a parar a Cristian Santos, mentras que na proba cadete, Adrián Lage lograba tamén a victoria nesta proba. Entre as féminas da categoría cadete, a victoria iba a parar a Lidia Alvárez. Por último, dominio na categoría xuvenil femenino con Estela Villarábide e Noelia Seoane logrando a primeira e segunda posición respectivamente, mentras que na proba masculina Cristian Montecelo entraba en segunda posición.
 
Polo que respecta a proba absoluta, Suso Rivas lograba a posición 171 da xeral cun crono de 1.41 h, mentras que Ester Mourenza entraba no posto 44 entre as féminas, no que era o seu debut nunha media maratón, cun crono de 2.40 h sobre o duro trazado da proba.