Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 24 de junio de 2015

Resultados Fin de semana 21 de xuño

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 100 KM EN RUTA. SANTANDER
 
O pasado 20 de Xuño se disputou en Cantabria o Campeonato de España de 100 km en ruta, onde o noso club estaba representado a cargo de Fernando Ibarra, que lograba un meritoria séptima posición na súa categoría de veteranos M45, logrando finalizar cun tempo de 10.04 horas. Ademáis, finalizaba no posto 40 da clasificación xeral.
 
A actuación do chantadino Ibarra cabe casi de calificala de proeza, debido as dificultades físicas cas que acometeu esta proba, xa que a partir dos 50 km debía de parar varias veces con fortes llagas nos pés debido a un desaxuste cas plantillas e sendo atendido polos servicios médicos o finalizar a proba. Fernando tratará de recuperarse para afrontar os 6djours de France, unha das probas máis duras do mundo.
 
CAMPEONATO DE ESPAÑA CADETE POR FEDERACIÓNS. ALCOBENDAS
 
Tamén tiñamos representación en Alcobendas a cargo da atleta cadete María Carballido, que tomaba parte na proba dos 1.500 metros obstáculos dentro do Campeonato de España Cadete por Autonomías, e onde Galicia finalizaba na séptima posición.
 
A actuación de María estivo penalizada por unha caída non primeiro obstáculo seco, que impedíu que en ningún momento estivera dentro da carreira, finalizando na 13ª posición cun crono de 6.00 minutos.
 
I CONTROL ARDE LUCUS
 
Tamén tomaba parte o mesmo 20 de Xuño Adrián Lage no I Control Arde Lucus, onde buscaba a mínima para participar no nacional cadete na proba dos 3.000 metros lisos. Pese a gañar a proba, Adrián quedou lexos do seu obxectivo, o parar o crono en 9.32 minutos.

jueves, 18 de junio de 2015

Resultados Fin de semana 13 de xuño

CAMPEONATO GALLEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. FERROL
 
O pasado 13 de Xuño se disputou na cidade de Ferrol o Campeonato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, e a cal acudían 12 nenos do noso club, que lograban figurar entre os 16 mellores do ránking das súas respectivas probas, e polo tanto, tiñan dereito a participar neste evento de máximo rango autonómico. O comportamento de todos eles foi sensacional, disfrutando e competindo a un bo nivel e logrando un total de 6 medallas, repartidas en dous ouros, dúas pratas e dous bronces.
 
Así, Marcos Burgo lograba proclamarse campeón galego de 3 km marcha na categoría infantil, facendo un crono de 16.01 minutos, mentras que a súa compañeira Paula Piñón lograba o título autonómico na proba de lanzamento de xavalina cunha mellor marca de 25.59 metros.
 
Pola súa parte, Vanesa Blanco lograba a medalla de plata, e polo tanto, o subcampeonato na proba dos 3 km marcha infantil cun tempo de 16.41. Cristian Santos era tamén subcampeón na proba de triplo salto, cun mellor salto de 9.42 metros.
 
Polo que respecta os bronces, estes eran acadados por Andrea Fariñas na proba dos 3.000 metros lisos, onde facía unha marca de 11.46 minutos, mentras que nos 3 km marcha Noelia Sánchez subía o tercer escalafón do pódium cun rexistro de 16.41 minutos.
 
Moi salientable e destacable a actuación do resto de atletas. Así, o propio Cristian Santos lograba o cuarto posto na proba dos 3.000 metros lisos, o mesmo posto que facía a súa compañeira de equipo Nerea Lage na proba dos 3 km marcha. Noel Villarábide lograba o sexto posto nos 3.000 metros lisos. Na proba do triple salto femenino, Paula Piñón finalizaba no sexto posto, mentras que Noelia Sánchez era decimocuarta. Andrea Iglesias lograba uns meritorios sexto e séptimo posto nas probas de lanzamento de disco e peso respectivamente, mentras que os Jorge Santos finalizaba na décima posición na proba de lanzamento de disco. A mesma posición que lograría súa irmán na proba dos 2 km marcha alevín, mentras que Mario Campos finalizaba no sexto posto na proba do 1 km marcha. En defintiva, gran xornada para todos eles, na que siguen aprendendo os valores da educación deportiva. 

CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS. O BARCO
 
O pasado 14 de Xuño se disputou en O Barco de Valdeorras o campeonato galego de veteranos, e no cal estiveron presentes 2 atletas do noso club, logrando un total de 3 medallas neste evento, sendo dúas de ouro e unha de prata
 
Así, Carmen Expósito lograba subir o pódium por partida doble, o gañar a proba dos 400 metros lisos na súa categoría F55 e ser segunda na proba dos 200 metros lisos. Pola súa parte, o seu compañeiro de equipo, Fernando Ibarra lograba o título de campeón galego na proba dos 10.000 metros lisos na categoría de M45.
 
CAMPEONATO GALEGO DE MONTAÑA. ESGOS (OURENSE)
 
Tamén se disputou en Esgos (Ourense) o campeonato galego de montaña, e na cal tomaron parte dous atletas do club, destacando Ester Mourenza que lograba a novena posición na categoría femenina. Pola súa parte, Jesús Rivas lograba o posto 44 da xeral na categoría masculina. 

martes, 9 de junio de 2015

Resultados Fin de semana 6 de xuño

GRAN PREMIO CANTONES DE MARCHA. A CORUÑA
 
O pasado 6 de Xuño se disputou na cidade de A Coruña o tradicional Gran Premio de Marcha de A Coruña, englobado dentro do circuito internacional de Federación Internacional de Atletismo, a IAAF Race Walking Challange, e onde cinco nenos do noso club  tomaron parte na mesma, logrando un excelente resultado todos eles, logrando ademáis tres podiums. Ademáis, os nosos nenos presenciaron un momento histórico para o atletismo galego, xa que se batía por primeira vez un récord do mundo en suelo galego a cargo da china Liu na proba dos 20 km marcha.
 
En canto os resultados dos nosos atletas, a máis destacada foi Vanesa Blanco que lograba a victoria na proba dos 3 km marcha infantil cun crono de 16.24 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez facía tamén unha excelente proba o finalizar terceira cun crono de 16.34 minutos. Ambas lograban superar con amplitude a súa MMP
 
Polo que respecta a categoría infantil masculino, Marcos Burgo lograba a segunda posición na proba dos 3 km cun gran crono de 15.48 minutos. Tamén na proba dos 5 km cadete, Miguel Ángel Sánchez tivo un gran comportamento o finalizar cuarto cunha MMP de 28.18 minutos, mentras que por último, o benxamín Mario Campos tamén destacaba cun cuarto posto na proba de 1 km marcha cun rexistro de 6.42
 
 
CAMPEONATO GALEGO XUVENIL. A CORUÑA
 
O pasado domingo se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego Xuvenil, e no cal estivo presente o noso deportista Cristian Montecelo, que participou en tres probas e que lograba unha medalla de bronce.
 
Dita medalla a conquería na proba de triple salto, onde cun mellor rexistro de 12.18 metros lograba ese citado tercer escalafón do podium.
 
Na proba dos 400 metros valados finalizaba no cuarto posto, cun mellor rexistro de 1.00.57 minutos.
 
Polo que respecta o salto de lonxitude, Cristian finalizaba noveno cun mellor salto de 5.38 metros.
 
 
CORRE CON NÓS. FRIGSA
 
Se disputou tamén en Friga a última proba do clásico circuito de carreiras populares do Corre con Nós, e onde se entregaban os trofeos os mellores clasificados de dito circuito, e no cal se lograba un podium a cargo de Carmen Expósito, que finalizaba en segunda posición na súa categoría de veteranos.
 
A actuación do resto de atletas do club nesta proba foi a seguinte: Jesús Rivas finalizaba no posto 54, Manuel Ceide no 141, Fernando González no 264 e Paula García no 116 e Ester Mourenza no 131 na clasificación de féminas.


Resultados da temporada 2014-2015

RESUMEN ANUAL TEMPORADA ATLETISMO

Por tercer ano, o noso colexio continuou na formación deportiva dos nosos nenos a través do deporte do atletismo, onde estiveron presentes en casi cincuenta eventos deportivos que se desenrolaron o longo de toda esta tempada. Máis de cincuenta alumnos se viron beneficiados polas actividades programadas dende o centro educativo.

Aínda que os resultados ocupen un lugar secundario dentro do elemento formativo desta actividade, cabe sinalar que os alumnos Adrián Lage, María Carballido e Miguel Ángel Sánchez estiveron presentes nas seleccións galegas de cross e marcha respectivamente. Ademáis, Adrián lograba tres títulos autonómicos e María Carballido gañaba tamén un título galego nos 1.500 metros obstáculos ademáis de dúas medallas de bronce noutras probas. Tamén Marcos Burgo era doble subcampeón galego de marcha e o equipo infantil de campo a través, tamén subía o tercer peldaño do pódium, así como os marchadores Miguel Ángel Sánchez e o  xovencísimo Mario Campos. Un exalumno do centro e asociado o club, como é Cristian Montecelo, lograba o titulo de campeón galego na proba da milla.

Outras nenas como Nerea Lage, Vanesa Blanco e Noelia Sánchez foron concentradas en dúas ocasións ca Escola Galega de Marcha en base a súa proxección deportiva e foron a dúas probas organizadas pola Federación Española de Atletismo en Rentería e Campo de Criptana (Ciudad Real) Tamén por primeira vez un grupo de nenos e nenas estivo presente nun dos eventos máis importantes da tempada invernal como foi o Cross de Aranda de Duero (Burgos).

Polo que respecta os eventos, o Colexio de Friol colaborou activamente na organización de catro probas que dinamizaron a estructura deportiva do pobo. Estes foron o Campeonato Provncial Absoluto de Cross, o Campeonato Galego de Cross por equipos, Cadete e Xuvenil, a Carreira Popular de Friol, e por primeira vez, a Andaina de Friol, que unía o centro escolar ca Fortaleza de San Paio de Narla e que tivo unha participación de máis de 200 persoas.

Pero o máis destacado volvía a ser o comprosimo de todo o alumnado que está na actividade de atletismo co aprendizaxe e ca formación persoal, así como a implicación en manter un bo ambiente de grupo que lles faga mellorar como persoas.

Resultados Fin de semana 30 de maio

CAMPEONATO GALLEGO CADETE. PONTEVEDRA
 
O pasado 30 de Maio se disputou o Campeonato Galego Cadete nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra, e no cal estiveron presentes cinco atletas do club, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de catro medallas.
 
Así, a gran triunfadora da xornada foi María Carballido, que lograba proclamarse campeona galega na proba dos 1.500 metros obstáculos cunha mellor marca persoal de 5.49 minutos, que lle da o pase directo o Campeonato de España Cadette por Federacións que se dispute os vindeiros 20 e 21 de Xuño en Alcobendas (Madrid).
 

Pola súa parte, Pablo Piñón lograba a medalla de plata na proba do salto de altura, tamén cun mellor rexistro persoal de 1.60 metros. O seu compañeiro de equipo, Adrián Lage lograba o mesmo posto na proba dos 3.000 metros lisos cun crono de 9.43 minutos.
 
Miguel Ángel Sánchez lograba a súa primeira medalla nun autonómico, o finalizar na terceira posición, e polo tanto lograr a medalla de bronce, na proba dos 5 km marcha, onde tamén facía un mellor rexistro persoal de 29.09 minutos. Por último, meritoria actuación de Alex López na proba dos 600 metros, onde finalizaba na decimoctava posición cun mellor rexistro persoal de 1.44 minutos.
 
 
CARREIRA POPULAR RUTA DO ROMÁNICO. FERREIRA DE PANTÓN
 
Na mesma xornada, máis de 25 atletas do noso club estiveron presentes na Carreira Popular Ruta do Románico, que se disputou en Ferreira de Pantón, e onde se lograban un total de 11 podiums.
 
Así, na categoría A, que englobaba os prebenxamíns, Aldara Ceide lograba a victoria, mentras que a súa compañeira de equipo Noa Mouriz entraba en segunda posición. Na proba masculina, Ramón Loureiro lograba o segundo posto do podium.
 
Na categoría B, Samuel Castedo lograba a victoria, sendo o seu compañeiro de equipo Juan David López o terceiro clasificado. Nesta mesma categoría, tripleta das nosas nenas, xa que Noelia Sánchez, Andrea Fariñas e Nerea Lage lograban as tres primeiras plazas por ese orde.
 
Xa na categoría C, Adil Loussini gañaba a proba, mentras que Marcos Burgo entraba en terceira posición. Na proba absoluta, o xuvenil Tino Villar acadaba a segunda posición.
 
Nesta mesma proba tamén participaron Pilar Cobas e Manuel Ceide, que finalizaban nos postos 6º e 7º na súa categoria de veteranos respectivamente.


CARREIRA DE MONTAÑA DO CAUREL
 
Tamén houbo representación nesta clásica proba de montaña, onde o club tiña presencia co atleta Jesús Rivas, que lograba finalizar a proba de 44 km, mentras a súa compañeira de equipo Ester Mourenza facía a de 18 km.