CARRERA DE LA MUJER. A CORUÑA
De novo un ano máis tivemos presencia na V Edición da Carrera de la Mujer,
disputada en A Coruña o pasado 17 de Setembro, e donde as nosas nenas tiveron
un bo resultado.
Así, o equipo de Atletismo Friol se proclamaba gañador na categoría absoluta de
clubs, logrando revalidar de este xeito o título acadado a pasada tempada.
Nas actuacións individuais, Noelia Sánchez lograba a victoria na categoría de
12 a 15 anos, mentras que María Carballido tamén se lograba impor na categoría
de 16 a 19 anos. Pola súa parte, Nerea Lage era cuarta na categoría de 12 a 15
anos e Vanesa Blanco lograba o posto 14 na mesma categoría.
MEDIA MARATÓN DE OPORTO.
Tamén tiñamos representación do club no Medio Maratón de Oporto (Portugal). Ata
alí se desprazaba Ramón López para competir nunha proba de nivel internacional,
e onde finalizaba cun mellor rexistro de 1.44 h, logrando o posto 1501 da xeral
dos máis de 5.000 inscritos na mesma
MEDIA MARATÓN DE RIBADEO.
Na media maratón de Ribadeo, presencia do atleta do club, Suso Rivas, que
finalizaba nun meritorio 34 posto da xeral, logrando en meta un rexistro de
1.28 minutos.


CAMPEONATO GALEGO DE MEDIA MARATÓN. RIVEIRA
O pasado domingo 10 de Setembro celebrouse na localidade Riveira o Campionato
Galego de Media Maratón, no cal tomaba parte Adrián López Baltar. O atleta de
Chantada lograba un excelente resultado, xa que se proclamaba campeón galego da
categoría promesa cun rexistro de 1.18 h.
Adrián alzábase, polo tanto ca medalla de ouro, nunha proba na cal era
debutante, de ahí ese meritorio rexistro e tamén ese entorchado autonómico.
CARREIRA POPULAR DE
BOIMORTO.
Bo comenzo de tempada para os atletas do club, xa que a carreira de Boimorto
supoñía o pistoletazo de saída para o novo curso atlético. A gran protagonista
deste evento sería María Carballido, xa que a xoven atleta lograba a victoria
absoluta. María lograba a primeira posición o marcar un tempo de 23.22 minutos
sobre un percorrido de 5.400 metros.
Pola súa parte, Noel VIllarabide e Samuel Castedo lograban o posto 28 e 39 da
clasificación xeral, mentras que Rafael Villarabide entraba no posto 75 e Ana
Belén Varela lograba o séptimo posto na clasificación de féminas.
CARREIRA POPULAR CONCELLO
DE ORDES

O pasado domigo 10 de Setembro disputouse na localidade de Ordes a XXII
Edición da súa carreira popular e na cal tomaron parte catro atletas do noso
club e onde se lograba un total de tres podiums. Así, Adríán Lage se facía ca
victoria na categoría xuvenil, ademáis de conquerir unha meritoria séptima
posición na clasificación xeral.
Pola súa parte, Nerea Lage tamén se impoñía na categorgía cadete, mentras o seu
compañeiro de equipo Marcos Burgo era terceiro na mesma categoría. Por último,
Vanesa Blanco entraba no cuarto posto na carreira cadete.
CARREIRA POPULAR TERRA E
MAR. BENQUERENCIA
Tamén este domigo se disputou en Benquerencia a V Edición da Carreira Popular
Benquerencia Terra e Mar, na cal tomaron parte catro atletas do club e onde se
lograban un total de tres pódiums.
Así, Miguel Ángel Sánchez se alzaba ca victoria na categoría xuvenil, mentras
que a súa irmán Noelia Sánchez facía o propio na categoría cadete. Marcos Burgo
entraba en segunda posición na categoría cadete masculina e Vanesa Blanco
remataba no cuarto posto na proba cadete femenina.
CARREIRA POPULAR DE MOAÑA
Tamén presencia de atletas do club na Carreira Popular de Meaño, xa que Ramón
López Marín ocupaba a posición 116 da xeral, mellorando ademáis o seu rexistro
persoal nesta mesma proba.
24 HORAS DE VIGO
O pasado fin de semana se disputaba as 24 Horas de Vigo, onde tomaba parte
tamén o atleta chantadino Fernando Ibarra, e onde o ultrafondista lograba unha
excepcional segunda posición da clasificación xeral, logrando ademáis un
rexistro superior os 200 km, xa que Ferando facía un total de 202 kilómetros.