Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 24 de junio de 2014

Resultados fin de semana 22 de cuño


CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS. HUELVA         


  O fin de semana do 21-22 de Xuño disputouse nas pistas de atletismo do Estadio Iberoamericano o Campeonato de España de Veteranos, na cal estivo presente a atleta Carmen Expósito, que tivo unha destacada actuación.         
 Carmen lograba sendos quintos postos, tanto na proba dos 200 metros lisos como na proba dos 400 metros lisos. Na primeira finalizaba cun crono de 28.30 segundos, mentras que na proba da volta ó anillo conquería unha marca de 1.38 minutos. 

CARREIRA POPULAR DE GUITIRIZ          

Tamén un bo número de atletas estivo presente na carreira popular de Guitiriz, onde se lograban un 11 pódiums.       
   Así, na categoría benxamín masculino, a victoria era para David Fariñas, mentras que o seu compañeiro de equipo Jesús Fagil lograba a terceira posición do pódium. Xa na categoría alevín femenina, Vanesa Blanco lograba imporse  na proba, mentras que Ana Villar lograba a terceira posición. Entre os nenos, Noel Villarábide conquería a terceira posición.       
  Polo que respecta a categoría infantil, dominio dos atletas de Friol, xa que tanto María Carballido como Adrián Lage lograban a victoria nas probas masculina e femenina. Adil Loussini entraba na terceira posición entre os nenos.       
  Por último, Lidia Álvarez entraba en terceira posición na  categoría cadete.Xa na proba absoluta, Fernán López lograba a terceira posición na súa categoría de veteranos, mentras que Pilar Cobas tamén conquería idéntica posición na súa categoría.

lunes, 9 de junio de 2014

Resultados Fin de semana 8 de xuño

CAMPEONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. VIGO
 
Disputouse o pasado sábado 7 de Xuño o Campeonato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, na que tomaron parte 7 atletas do noso club, que tiveron unha boa actuación en xeral.
 

Nesta proba se lograba unha medalla de bronce a cargo de Marcos Burgo, na proba dos 3 km marcha, na que invertía un tempo de 17.48 minutos, que constituía ademáis una MMP para o xoven atleta, nunha proba na que demostrou unha gran valentía e decisión a hora de afrontar esta competición.
 
Na proba dos 2 km marcha, Noelia Sánchez lograba a cuarta posición cun crono de 12.24 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage, finalizaba na quinta posición cun crono de 12.29 minutos.
 
Tamén bo resultado na proba dos 3 km marcha femenina, na que Vanesa Blanco lograba a quinta posición final cun crono de 19.31 minutos.
 
Polo que respecta a proba dos 3.000 metros lisos, tanton Cristian Santos como María Carballido finalizaban na sexta posición nas súas respectivas carreiras. Cristian finalizaba cun crono de 11.32 minutos e María 12.08 minutos.
 

Por último, Miguel Ángel Sánchez lograba a séptima posición na proba de lanzamento de disco, cunha marca de 16.85 metros.







 
CORRE CON NÓS. FRIGSA
 
Este domingo 8 se disputou na zona da piscina de Frigsa a última proba dunha nova edición do circuito Corre con Nós, e na cal o club lograba un podium a cargo de Carmen Expósito, que finalizaba na segunda posición na categoría M.
 

A participación do club se completaba con Felipe Barata e Fernando González, que rematan no posto 71 e 368 respectivamente.

lunes, 2 de junio de 2014

Resultados FIn de semana 1 xuño

GRAN PREMIO DE MARCHA LOS CANTONES. A CORUÑA

O pasado sábado 31 de Maio disputouse na cidade de A Coruña o Gran Premio Cantones de Marcha, valedeiro para a Challenge Mundial de Marcha e na cal había presencia de atletas do club nas probas de menores. Boa actuación dos nosos atletas, logrando dous meritorios podiums.

Así, na categoría cadete masculina, victoria do actual campeón galego de 5 km en ruta, xa que Héctor Rodríguez  lograba o triunfo cun crono de 31:02 nos 5 km marcha. Pola súa parte, Nerea Lage lograba a terceira posición na proba dos 2 km marcha alevín, logrando un crono de 12.11, mentras a súa compañeira de equipo lograba rematar na cuarta posición nesta mesma proba cun crono de 12.15. Tamén moi meritoria a cuarta posición na categoría infantil de Vanesa Blanco, que remataba os 3 km marcha cun crono de 19.27 minutos que supón un MMP.

Por último o benxamín Mario Campos finalizaba na sexta posición no 1 km benxamín, finalizando cun crono de 7.20 minutos.

CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS. FERROL

Ferrol foi a sede do Campeonato Galego de Veteranos, onde estiveron presentes tres atletas do club, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 5 medallas: catro de ouro e un bronce.


Marta Sureda lograba imporse na proba de lanzamento de disco e tamén no lanzamento de peso na categoría de W-40. Na primeira lograba unha marca de 20.73 metros e na segunda alcanzaba unha mellor marca de 7.10 metros.






Outra atleta que tivo unha gran actuación foi Carmen Expósito, que lograba tamén subir o máis alto do podium dúas veces, nos 400 e nos 800 metros lisos.
Por último, María José Molejón lograba unha valiosa medalla de bronce na proba dos 1500 metros W-40, o marcar un crono de 6.49 minutos.
 

5ª XORNADA COPA DIPUTACIÓN DE ATLETISMO. LUGO

Disputouse tamén na xornada do 1 de Xuño a 5ª Xornada da Copa Diputación de Lugo, onde estiveron presentes dous atletas do club, que tiveron unha destacada participación.

Gael Jaúregi lograba unha interesante marca na proba dos 600 metros lisos, parando o crono nun tempo de 1.36 minutos, mentras que Pablo Piñón lograba superar o listón a unha altura de 1.51 metros.

CARREIRA POPULAR “ROTA DO ROMÁNICO”. FERREIRA DE PANTÓN.

O pasado 31 de Maio se disputou en Ferreira de Pantón unha nova edición da carreira popular “Rota do Románico”, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, tendo unha destacada actuación, xa que se lograron un total de 11 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, destacou o triunfo da atleta Aldara Ceide, que lograba a segunda posición na proba femenina.

Na categoría benxamín, dominio dos atletas do club, xa que David Fariñas e Juan David López Ramos lograban a primeira e segunda posición respectivamente. Polo que se refiere a proba femenina, Leire Santos entraba no tercer posto.

Xa na seguinte categoría, que correspondía os alevíns e infantil de primeiro, o triunfo foi a parar a Cristian Santos, ocupando Samuel Castedo a terceira posición. Entre as nenas, Andrea Fariñas lograba a segunda posición.

Xa na última categoría de menores, Adrián Lage e Tino Villar lograban a segunda e terceira posición respectivamente, mentras que María Carballido entraba na segunda posición entre as féminas.

Por último, Cristian Montecelo lograba a victoria na categoría xuvenil masculino.