Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 29 de abril de 2014

Resultados Fin de semana 27 abril

CARREIRA POPULAR DE OROSO.

O pasado fin de semana  celebráronse varias probas carreiras populares por toda Galicia, e nalgunha delas tomaron parte diversos atletas do club. Na carreira popular de Oroso se logrou un podium a cargo do atleta Fernán López, que lograba a terceira posición na categoría de veteranos, despois de finalizar os 9.5 km dos que constaba o percorrido cun crono de 36.53 minutos.

Tamén nesta cita estaba presente Irea Ferreiro, que lograba a décima posición na categoría alevín.

CARREIRA POPULAR DE OUBIÑA.CAMBADOS

Tamén houbo representación do club na carreira popular de Oubiña (Cambados) ca presencia de Mar Pérez e Ramón López. Mar lograba a séptima posición da xeral femenina na proba. Mar lograba baixar dos 50 minutos nun esixente circuito de cerca de 10 kilómetros, mentras que Ramón López tamén remataba a proba cun crono de 20.19 minutos sobre os cerca de 5 km do circuito



ROCK'N'ROLL MADRID 10Km

E por último, tivemos representación na multitudinaria carreira que tivo lugar en Madrid o domingo, a chamada Rock ' n ' roll Madrid, na proba de 10 km que recorreu as céntricas rúas da capital. A nosa atleta Paula García rematouna no posto 561 ( 251 da súa categoría) na proba cun tempo de 59:17min.

lunes, 28 de abril de 2014

Carreiras en Maio


  • Sábado, 10 de maio:

XIV CIRCUITO CORRE CON NÓS, LUGO
17.00h  no Recinto Ferial.
Distancias
- Nados 2008-2009: 350m.
- Nados 2005-2006- 2007 : 800 m.
- Nados 2002-2003-2004: 1.600m.
- Nados 1999-2000-2001: 1.850 m.
- Adultos: 5.850 m.

( Plano do recorrido por confirmar)


  • Domingo 11 de maio:
XXV CARREIRA POPULAR  / XIII MEDIO  MARATÓN  / Homenaxe a Andrés Díaz
Ferreirarúa. A Pobbra de Brollón, Lugo
Distancia carreira popular: 9.300 m.
Inscripción: Championchipnorte
Hora por confirmar

  • Domingo 18 de maio:
II CARREIRA POPULAR DE FRIOL
11:00 h. 
Distancia: de 100 a 5000 m.
Organiza: CPI López Suárez e o Concello de Friol
Inscripción: Adultos en Championchipnorte
                     Escolares en Concello de Friol Ata o 14 de maio

viernes, 25 de abril de 2014

Resultados Fin de semana 18 de abril

CARREIRA POPULAR DE QUIROGA.
 
Disputouse o pasado 18 de Abril a X Edición da Carreira Popular de Quiroga e na cal estiveron presentes cerca de 30 atletas do club. Os nosos representantes lograron un total de 10 podiums nesta cita clásica que se disputa todos os anos en Semana Santa.
 
Na categoría prebenxamín, a xovencísima Aldara Ceide lograba o primeiro triunfo da xornada vespertina para a delegación de Friol. Na categoría benxamín, David Fariñas lograba a segunda posición, mentras que o seu compañeiro de equipo Juan David López lograba o tercer posto do podium.
 
Xa na categoría alevín, Andrea Fariñas lograba a terceira posición, mentras que na categoría infantil os nosos atletas lograban dominar esta proba, o acadar Cristian Santos e Adil Loussini a primeira e e segunda posición respectivamente. Na proba femenina, triunfo para María Carballido e tercer posto para Vanesa Blanco.
 
Por último, na categoría cadete Adrián Lage se impoñía na mesma, ocupando Tino Villar o tercer posto do podium.
 
Na categoría xuvenil, Cristian Montecelo ocupaba a sexta posición, mentras que na carreira absoluta Suso Rivas ocupaba o posto 65 da xeral e Ester Mourenza lograba o posto 35 entre as féminas.

sábado, 19 de abril de 2014

Resultados Fin de semana 13 abril

XXXVII MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO

Disputouse en Lugo o pásado sábado 12 de Abril o Memorial Gregorio Pérez Rivera, na cal estiveron presentes catro atletas do noso club, logrando un podium.

Este chegou a través da atleta Maria José Molejón, que lograba a segunda posición na categoría de veteranas na proba dos 1500 metros lisos, despois de acadar un rexistro de 7.07 minutos.

Na proba de lanzamento de disco, a tamén veterana Marta Sureda, lograba un valioso séptimo posto final, despois de mandar o artefacto a 20.03 metros, no que era o seu debut nesta disciplina.

Por último, os atletas cadetes Gael Jaúregi e Pablo Piñón lograban as súas MMP na proba dos 1000 metros, despois de finalizar esta proba cuns cronos de 2.59 e 3.08 minutos respectivamente. Gael acadaba a novena posición e Pablo a 13ª.


CARREIRA POPULAR IMPLICADAS. OLEIROS

Tamén houbo representación na carreira popular das Implicadas, que se disputaba na vila coruñesa de Oleiros, e na cal estivo presente o atleta Fernán López, que acadaba un meritorio podium na categoría de veteranos de máis de 45 anos, o rematar terceiro na citada categoría.

Ademáis, Fernán lograba o 17º posto da xeral logrando un crono 19.32 nos máis de 5 km dos que constaba o circuito de Oleiros.


domingo, 6 de abril de 2014

Resultados Fin de semana 6 de abril

CARREIRA POPULAR DE PADRÓN.

Disputouse na localidade coruñesa de Padrón unha nova edición da Carreira Popular de Padrón, que ademáis era Campeonato de España de 10 Km en ruta para as categorías absolutas. Ata Padrón se desplazaron catro nenos do club da categoría infantil que tiveron unha actuación excelente, conseguindo dous meritorios podiums.

Así, Cristian Santos lograba a segunda posición na categoría masculina, un posto que tamén firmaba a súa compañeira de equipo María Carballido. Ambos estiveron loitando cos gañadores das súas respectivas categorías ata o último metro, demostrando que cada día

están máis afianzados na práctica deste deporte. Pola súa parte, moi boa tamén a prestación de Vanesa Blanco e Miguel Sánchez, que lograban rematar a proba en cuarta e sexta posición respectivamente.

Ademáis, os nenos poideron disfrutar do ambiente dun Campeonato de España, é decir, dun evento de máximo nivel nacional, e que esperemos lles sirva para seguir a súa formación tanto a nivel atlético como personal.


CAMPEONATO DE ESPAÑA 10 KM EN RUTA. PADRÓN

Neste campeonato de España de 10 km en ruta, o club estaba presente ca presencia de Carmen Expósito, que participaba na categoría de W-55, e na cal lograba un meritorio sexto posto, facendo un crono de 57.05 minutos.


2ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA BENXAMÍN-ALEVÍN. LUGO
 

Disputouse en Lugo a 2ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista para as categorías benxamín e alevín, donde tomaron parte cerca de 20 atletas do club destas categorías.

O máis destacado desta xornada foron os segundos postos de Samuel Castedo en salto de altura alevín, o de Mario Campos en 1 km marcha benxamín e o de Jorge Santos en lanzamento de pelota alevín.

Tamén destacaron os terceiros postos de Juan Zas na proba de 2 km marcha alevín, o de David Fariñas nos 500 metros benxamín, o de Noa Fagil na proba dos 2.000 metros lisos e tamén o de Nerea Lage na proba dos 2 km marcha alevín.


6ª PROBA CORRE CON NÓS. AS TERMAS
 


Na xornada do domingo 6 de Abril disputouse unha nova proba do circuito lucense do Corre con Nós. Nesta ocasión a participación de atletas foi moi escasa, con só 2 representantes do club na mesma

O máis destacado foi a actuación de Adrián Lage, que facía unha gran carreira e na que acadaba a segunda posición da categoría C, demostrando o gran estado de forma no que se atopa e facendo a mellor carreira de todo o que levamos de circuito.

Pola súa parte, Suso Rivas lograba o posto 81 da xeral na proba absoluta.


VIG-BAY

Tamén houbo representación do club na clásica media maratón Vig-Bay, sin dúbida unha das probas máis importantes do calendario atlético galego. Dous atletas se desprazaron ata a cidade olívica para tomar parte na edición deste ano.

Mar López lograba finalizar no posto 208 das féminas con un tempo de 1.54 h, mentras que Ramón López abandonaba no kilómetro 15.