Atletismo Friol

Atletismo Friol

viernes, 31 de enero de 2014

Actividades do Fin de semana do 1 de febreiro

O vindeiro sábado celébrase en Monforte (No habitual Campo de Tiro de As Lamas) a proba clasificatoria para o Campeonato Provincial de Cross Escolar.

Estos son as distancias e os horarios das probas:


RECORRIDOS:


VOLTA PEQUENA I:     A-B-E-F: 200m

VOLTA PEQUENA II:     B-C-D-E-: 400m.

VOLTA MEDIANA I:       B-E-F-G-H-I-E:1.200m.
VOLTA MEDIANA II:     B-C-D-E-F-G-H-I-E:1.600m.
VOLTA GRANDE:            B-C-D-E-F-G-H-I-C-D-E: 1.700m.


HORARIO
CATEGORÍAS
PERCORRIDO
DISTANCIAS
16:45
Benxamín
1 PEQUENAS II
600m
16:55
Alevín Feminino
 2 PEQUENAS II
800m
17:05
Alevín Masculino
3 PEQUENAS II
1.200m
17:05
Infantil Feminino
3 PEQUENAS II
1.200m
17:15
Cadete feminino
1 GRANDE
1.800m
17:15
Infantil masculino
1 GRANDE
1.800m
17:30
Cadete masculino
 1 GRANDE + 1 MEDIANA II
3.500m


O Campeonato Provincial Escolar de Cross será en Villalba o vindeiro 9 de febreiro.


Tamén o sábado, na localidade de Cangas dispútase o Campionato Galego de Marcha en ruta, onde se daran cita os mellores marchadores galegos, encabezados polos irmáns Chamosa, Roberto Veiro, Fran Duran, Eva Iglesias,Mar Chillon etc.etc., Alí contaremos coa presencia do nodo atleta Héctor Rodríguez.

E por último, dous dos nosos atletas, Suso Rivas e Ester Mourenza, disputarán o I Cross Country Vilalba.

lunes, 27 de enero de 2014

Resultados Fin de semana 26 de enero

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE CROSS. FRIOL

O pasado domingo 26 de Xaneiro se disputou no noso pobo o Campeonato Galego cadete e xuvenil de campo a través e na cal o equipo cadete tomou parte. Gran resultado o dos nosos cadetes, no que era o seu debut oficial nunha competición desta categoría, lograron alcanzar o sexto posto na clasificación de clubs.
 

A nivel individual, o máis destacado foi Gael Jaúregi, que lograba rematar no posto 16. Gran mérito a do xoven discípulo de Jose Peña, xa que correu casi toda a proba cunha zapatilla, o perder na zona máis difícil do percorrido a outra. Adrián Lage entraba no posto 21, mentras que os seus compañeiros de equipo Pablo Piñón e Alex López o facían no posto 31 e 32 respectivamente. Completaba a actuación Tino Villar, que o facía no posto 55.


MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CROSS. FRIOL


Conxuntamente o campeonato Galego de Cross Curto e o cadete-xuvenil, tamén se disputaba o Memorial Alejandro Lorenzo de Cross para as categorías de menores, nas que tamén participaba un bo número de atletas do club.

Na categoría benxamín masculino, o máis destacado foi David Fariñas que acababa no sexto posto, mentras que o seu compañeiro de equipo Juan David López Ramos o facía no décimo. Completaban o equipo Jesús Fagil e Mario Campos nos postos 34 e 46. Na clasificación por escuadras, o club acadaba o quinto posto. Polo que respecta as nenas da categoría benxamín, Molly Jane Merchant entraba no posto 26 e Leire Santos no 32.
 


Polo que se refire a categoría alevín masculino, o mellor foi Noel Villarábide que lograba o posto 14, seguido de Samuel Hermida no posto 25. O resto da actuación do equipo foi a seguinte: Michael Santos (27), Rubén Vázquez (34), Unai Frias (35), Juan Zas (40), Jorge Santos (44) e Alejandro Fernández (45). No apartado de equipos, o club logrou a sexta posición. Na proba femenina, gran carreira a de Andrea Fariñas, que debutando nunha carreira oficial lograba a séptima posición. Noelia Sánchez acababa no posto 32, Ana Villar no 38 e Nerea Lage no 56. Na clasificación de clubs, se remataba no posto octavo.

Por último, entre os infantiles, tamén gran carreira a de Cristián Santos, que remataba no octavo posto. Adil Loussini remataba no posto 30, Marcos Burgo no posto 35, Miguel Ángel Sánchez  no 37, Ángel Martínez no 40 e Jesús Sánchez no 41. Por escuadras, se remataba no cuarto posto. E por último, tamén moi ben as nenas desta categoría. María Carballido lograba o décimo posto e Vanesa Blanco o 41.


CAMPEONATO GALEGO DE CROSS CURTO. FRIOL


Escasa representación do club neste evento, onde únicamente tomou parte un atleta do club, Suso Rivas, que lograba rematar no posto 127 da xeral.

CARREIRA POPULAR DE RÁBADE.


Presencia do club nesta clásica de Rábade, onde tomaron parte 3 atletas do club, logrando a seguinte actuación: Diego Trigo remataba no posto 134 da xeral, mentras que Suso Rivas o facía no 481. Pola súa parte, Ester Mourenza lograba acabar no posto 38 entre as féminas


2ª  XORNADA COPA DIPUTACIÓN. LUGO


Presencia dos atletas do club na 2ª Xornada da Copa Diputación de Lugo, onde se contou ca participación de tres atletas cadetes que tomaban parte na proba dos 1000 metros lisos, onde buscaban as mínimas para acudir o autonómico de pista cuberta.

Gael Jauregi lograba un gran crono de 3 minutos pelados na distancia, mentras que Pablo Piñón facía 3.11 e Alejandro López conquería 3.17. Noraboa a todos eles por esas boas marcas

martes, 21 de enero de 2014

Campionato Cross Corto Friol

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO. FRIOL 2014

CAMPIONATO GALEGO CADETE-XUVENIL DE CROSS
MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CROSS

O concello de Friol e a Delegación Lucense da Federación de Atletismo, organizan en colaboración con "Atletismo Friol" o Campionato Autonómico de CROSS CORTO:FRIOL 2014.
Á cita será o vindeiro día 26 de xaneiro, ás 10:30 horas da mañá na parroquia de Prado (Friol), aproximadamente a un quilómetro da capitalidade do municipio, en dirección Friol-Sobrado.

Coordenadas GPS: 43º01'26.05" N
                                7º48'42.11" O


O circuito onde se disputará a proba é o seguinte:

Os deixamos aquí tamén os horarios das diferentes probas que se disputarán ao longo da maná:

Só queda dicir que vémonos o domingo e moita sorte a tod@s os atletas que tomedes parte no Campionato!!!!



lunes, 20 de enero de 2014

Resultados Fin de Semana 18 Xaneiro


CORRE CON NÓS. NOCTURNA MONUMENTAL


O pasado sábado 18 de Xaneiro celebrouse a terceira proba do circuito lucense do Corre con Nós, no cal tomaron parte cerca dunha veintena de atletas do club. O máis destacado veu de novo por parte das categorías inferiores, onde se lograron un total de dous podiums.

Na categoría B, o atleta Cristian Santos volvía a lograr de novo un gran segundo posto, mentras que entre as nenas a mellor foi Vanesa Blanco que acadaba o octavo posto. Noelia Sánchez finalizaba non posto 14 e a súa compañeira de equipo Nerea Lage remataba no posto 25.

Polo que respecta a categoría C, boa actuación dos nosos atletas cadetes, demostrando que están en boa forma de cara o galego do próximo domingo. Alex Casanova acadaba o tercer posto do podium, mentras que Adrián Lage e Pablo Piñón lograban a cuarta e octava posición respectivamente. Por último, Miguel Ángel Sánchez finalizaba no posto 15. Nesta mesma proba, na categoría femenina, María Carballido lograba o quinto posto.

Na carreira absoluta, o máis destacado foi Diego Fernández, que acababa nos posto 33 da xeral. A actuación do resto de atletas foi a seguinte:

Felipe Barata- posto 69
Jesús Rivas- posto 95
Rubén Ceide- posto 117
Ramón López-´posto 304
Roberto Longarela- posto 602
María del Mar Pérez- posto 59 F
Carmen Expósito- posto 131 F
Ester Mourenza- posto 225

jueves, 16 de enero de 2014

COMPETICIÓNS FIN DE SEMANA 18 XANEIRO

NOCTURNA MONUMENTAL
 (PRAZA MAIOR)
    
   Este fin de semana numerosos atletas do clube participarán na proba NOCTURNA MONUMENTAL que terá lugar en Lugo o sábado 18. Esta proba pertenece o Circuito Larsa Corre con Nós e terá lugar na Praza Maior (Lugo) a partir das 18:00 horas.





I PREMIO DE MARCHA DE ERRENTERÍA, TROFEO MIKEL ODRIOZOLA

    Ademáis o noso atleta Héctor Rodríguez tomará parte do "I Premio de Marcha de Errentería, Trofeo Mikel Odriozola", organizado polo Club Atlético de Errentería e o Patronato Municipal de Deportes da vila. Disputarase este domingo en diversas categorías: infantil, cadete, xuvenil e senior. Será a súa vez Campeonato de Euskadi, e participarán tamén unha relación de atletas das federacións galega (entre os que se atopa o noso atleta) e a catalana. 

Tamén se homenaxeará á marchadora catalana recentemente retirada da competición, María Vasco, que foi medallista nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

MOITA SORTE A TODOS OS NOS@S ATLETAS!!!!!!!!!!!

martes, 14 de enero de 2014

Resultados fin de semana 12 de Enero

Atletismo Friol contou con atletas en dúas competicións o pasado fin de semana:

Case 30 atletas das categorías inferiores do club partiparon en Monforte na primeira proba preparatoria de Campo a Través do programa Xogade. Na mesma se lograron un total de 11 podiums:

- Categoría benxamín masculino: 1º David Fariñas, 2º Juan David López
- Categoría alevín femenino: 1ª Andrea Fariñas, 3ª Noa Fagil
- Categoría alevín masculino: 3º Samuel Castedo
- Categoría infantil femenino: 1ª María Carballido
- Categoría infantil masculino: 1º Cristian Santos, 2º Adil Loussini,Marcos Burgo
- Categoria cadete masculino: 1º Adrián Lage, 2º Tino Villar

 III Correndo por Vigo. Participación nesta proba de Vigo de dous atletas do club. Sobre un trazado de 10 kilómetros, Moncho López lograba un crono 45.46 minutos, logrando o posto 336. Pola súa parte, Mar López acadaba o posto 41 entre as féminas, acadando un tempo de 50.37

miércoles, 8 de enero de 2014

Resultados Criterium Galego de Combinadas

CRITERIUM GALEGO DE COMBINADAS. MÓDULO CUBERTO LUGO
 
Celebrouse en xornada de sábado 4 e domingo 5 de Xaneiro o Criterium Galego de Probas Combinadas, na que tomou parte o atleta cadete do club, Pablo Piñón. O xoven atleta lograba a victoria na categoría cadete cunha mellor marca de 1.574 puntos.
 
Os parciales de Pablo foron os seguintes:
 
60 metros lisos- 9.11 sg.
Longuitud- 4.06 metros
Peso- 5.72 metros
Altura- 1.44 metros
60 metros vallas- 13.81 sg
1000 metros lisos- 3.24 minutos

jueves, 2 de enero de 2014

Últimos resultados do ano.

SAN SILVESTRE FLUVIAL. LUGO

O último día do ano do pasado 2013 servíu para que varios atletas do club despediran o a ano disputando esta xa clásica proba deportiva. O máis destacado dos atletas do Atletismo Friol volveu a ser os 3 podiums logrados polos deportistas das categorías inferiores.

Así, na categoría B Cristian Santos lograba imporse na mesma, no que é o seu primer triunfo da temporada. Nesta mesma categoría Nerea Lage lograba a oitava posición.

Polo que respecta a a categoría C, Adrián Lage e María Carballido lograban a segunda posición na proba masculina e femenina respectivamente. Por último, Angel Martínez entraba no octavo posto nesta mesma proba.

Na proba absoluta, os resultados foron os seguintes:

Felipe Barata- posto 46
Diego Trigo- posto 72
Suso Rivas- posto 73
Ramón López- posto 164
Roberto Longarela- posto 303
Marcos Lage- posto 317
María del Mar Pérez- posto 27 F
Ester Mourenza- posto 80 F

MILLA DE SARRIA

Tamén houbo representación do club na Milla de Sarria, que se disputou no mesmo día e na cal tomaron parte os atletas Carmen Expósito e Fernando González. A primeira lograría un destacado podium, xa que remataba na segunda posición na categoría de veteranas. Nesta mesma categoría, Fernando González lograba un meritorio octavo posto.
Por outro lado, comenzamos o ano cunha boa nova: Friol será o escenario o vindeiro dia 26 de Xaneiro do Campeonato Galego de Cross Corto, ademáis do Campeonato Galego cadete e xuvenil. E tamén do Memorial Alejandro Lorenzo para as categorías benxamín, alevín e infantil, sen duda o cross máis importante que se disputa en Galicia para as categorías de menores. Unha boa ocasión para participar e disfrutar dun evento deportivo de alto nivel autonómico no noso lobo.

Por último, dende o club queremos desexarvos a todos un deportivo e saudable ano 2014. E por suposto, que o deporte sirva para mellorar tanto nos estudios como na formación integral da persoa.