Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 20 de febrero de 2017

Resultados Fin de semana 12 de febreiro

CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. A POBRA DO CARAMIÑAL
 
Nutrida representación do club no Campeonato Galego de marcha en ruta, que se disputou na localidade de A Pobra do Caramiñal e na cal se obtiveron un total de 3 podiums.
 
Así, Marcos Burgo lograba a medalla de prata na categoría cadete, marcando un crono de 26.08 minutos nos 5 kilómetros dos que constaba a proba, marca que ademáis lle supón a marca mínima para disputar o Campenato de España cadete que se disputará en Xullo na localidade de Murcia. Pola súa parte, Noelia lograba a medalla de prata tamén na proba dos 5 km marcha, marcando un tempo de 27.11 minutos e conquerindo así o subcampeonato nesta disciplina atlética, ademáis do logrado a semana pasada no cross, algo inédito nos últimos anos no atletismo galego. Nesta mesa categoría, Nerea Lage lograba a medalla de bronce cun tempo de 27:35 minutos.
 
Os cuartos postos os lograban Juan Zas na categoría cadete e Lucas Castiñeira na benxamín. Pola súa parte, Vanesa Blanco e Miguel Ángel Sánchez eran quintos na categoría cadete e xuvenil respectivamente, e a súa compañeira de equipo Noa Mouriz tamén acadaba ese posto na proba benxamín. A debutante Uxía Platero remataba no séptimo posto na proba benxamín e Leyre Santos e Eva Freire finalizaban no octavo posto na categoría infantil e cadete respectivamente. Por último, Xoel Castiñeira, que tamén debutaba nesta disciplina atlética entraba no noveno posto na proba alevín.

CORRE CON NÓS. RIO RATO
 
O entorno do Rio Rato foi o escenario da segunda proba do circuito lucense do Corre con Nós, e onde estiveron presentes un nutrido atletas do noso club.
 
O máis destacado nesta proba foi de novo a atleta Sonsoles Martín, que lograba rematar no posto 13 da xeral femenino, ocupando ademáis o tercer posto na categoría xuvenil-junior. Pola súa parte Jesús Rivas ocupaba o posto 22 na categoría masculina, mentras que a actuación do resto de integrantes do equipo foi a seguinte:
 
Diego Fernández- posto 63
Felipe Barata- posto 119
Diego Trigo- posto 145
Juan Carlos Varela- posto 271
Manuel Ceide- posto 395
Fernando González- posto 409
José Ángel Vázquez- posto 590
Paula García- posto 121 F
Ester Mourenza- posto 139 F
Ana Novo- posto 153 F
 
Na categoría de menores, victoria de Lucía Varela na categoría cadete, mentras que Aldara Ceide era segunda na benxamín, Ánxela Maneiro sexta na alevín e o seu irmán Paulo ocupaba o posto 32 na benxamin.

miércoles, 8 de febrero de 2017

Resultados Fin de semana 4 de febreiro

CAMPEONATO GALEGO DE CROSS. A BAÑA
 
O pasado domingo 4 de Febreiro se disputou na localidade coruñesa de A Baña, O campeonato galego cadete e xuvenil de Cross, no cal estiveron presentes once nenos e nenas do noso club, que tiveron un destacadísimo papel.
 
O gran protagonismo da xornada recaeu no equipo cadete femenino, que lograba a segunda posición e, polo tanto, o subcampeonato galego de Cross por clubs, ganándose polo tanto a plaza para poder disputar o Campeonato de España de Cross por Clubs, que se disputará a finais de febreiro na localidade de Marina Dor (Castellón). O equipo cadete, composto por Noelia Sánchez, Lucía Varela, Nerea Lage, Andrea Fariñas e Vanesa Blanco lograba un total de 38 puntos.  Pola súa parte, Noelia Sánchez tamén lograba o subcampeonato individual o entrar en segunda posición na proba, gañando por tanto a medalla de prata e tamén clasificándose para o Campeonato de España de Cross individual, que se disputará no mes de Marzo en Extremadura. As súas compañeiras de equipo finalizaban nas seguintes posicións: Lucía Varela o facía no posto 13, Nerea Lage o facía no posto 15, Andrea Fariñas remataba no posto 18 e Vanesa Blanco o facía no 48.
 

No apartado masculino, e dentro da categoría cadete, Cristian Santos finalizaba no posto 35 da xeral, mentras que os seus compañeiros Noel Villarábide e Mateo Jauregi o facían no posto 40 e 61 respectivamente. Polo que respecta a categoría xuvenil, Adrián Lage acadaba o noveno posto e a súa compañeira de equipo, María Carballido, tivo que abandonar por problemas físicos no aparatado femenino.