Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 19 de enero de 2016

Resultados Fin de semana do 17 de xaneiro

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS. LUGO
 
O pasado domingo 17 de Xaneiro se disputou no circuito de Cross do Parque de Feiras e Congresos de Lugo a proba clasificatoria para o Campeonato Provincial de Campo a Través, e onde o noso equipo lograba un total de 15 pódiums individuales, ademáis de lograr a victoria por equipos en sete categorías e un segundo posto na categoría cadete femenino.

Así, na categoría benxamín, Carla Reija lograba a victoria nesta proba, sendo terceira Aldara Ceide. Polo que respecta a categoría masculina, Mateo Aguiar lograba o segundo posto. No tocante a categoría alevín femenino, Rebeca Vázquez lograba a segunda posición, mentras que Andrea Espiñeira era terceira. Entre os nenos, se lograba un triplete a cargo de David Fariñas, Juan David López e Jesús Fagil que entraban neste orden na línea de meta.

Xa na categoría infantil, dominio das nosas nenas, con Lucía Varela logrando a primeira posición nesta proba, sendo segunda Andrea Fariñas. Polo que respecta os nenos, Noel Villarábide lograba a victoria nesta proba. Por último, na categoría cadete, María Carballido gañaba a proba femenina, mentras que os nenos lograban outro triplete, xa que Cristian Santos lograba a victoria, sendo secundado no pódium por Adil Loussini e Ángel Martínez que conquerían a segunda e terceira posición respectivamente.

Resultados San Silvestre

MILLA DE SARRIA.
Un total de cinco atletas do club se desprazaban a Sarria a disputar o que era a última proba do pasado 2015. Neste caso se lograba un total de cinco pódiums.
Así, na categoría xuvenil, Adrián Lage lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo lograba a segunda posición. Na clasificación xeral ambos lograban un meritorio quinto e sexto posto respectivamente. Polo que respecta a Maria Carballido entraba en terceiro lugar na clasificación cadete, mentras que na categoría xeral entraba no posto cuarto.
Pola súa parte, Carmen Expósito lograba a victoria na categoría de veteranas de máis de 45 anos, mentras que Fernando Castro entraba en quinta posición na mesma categoría.
 
SAN SILVESTRE FLUVIAL. LUGO
Tamén había presencia do club na San Silvestre de Lugo, e na que o máis destacado era Jesús Rivas, que lograba o posto 39 da xeral . Diego Trigo entraba no posto 76 e polo que respecta as féminas, Paula García e Ester Mourenza lograban o posto 66 e 79 da clasificación femenina respectivamente

Resultados Fin de semana 20 de decembro

CROSS INTERNACIONAL DE VENTA DE BAÑOS.
 
O Pasado fin de semana tivo lugar na localidade de Venta de Baños (Palencia) unha nova edición duns crosses máis prestixiosos do calendario nacional, e o cal acudiron 11 atletas do club por primeira vez. A actuación de todos eles foi fantástica, demostrando a súa capacidade competitiva nun evento o cal acudían os mellores fondistas do norte de España.

A gran triunfadora da xornada eran Noelia Sánchez, que volvía a demostrar o gran estado de forma que está a amosar esta tempada, logrando un vibrante tercer posto que a facía subir o pódium. Nunha estupenda carreira e nun trepidante sprint final, Noelia lograba dar o noso Club presencia nun evento de nivel nacional. Moi destacada foi tamén a participación das súas compañeiras de equipo nesta categoría, xa que Andrea Fariñas lograba a oitava posición e Nerea Lage, a decimosexta.

No que respecta a categoría cadete, María Carballido tamén facía unha gran carreira, entrando na novena posición, ben secundada que Vanesa Blanco, que lograba o viséximo posto. Na proba masculina desta mesma categoría, Cristian Santos lograba o vixesimotercerposto, Marcos Burgo o viseximonoveno e Miguel Ángel Sánchez, o trixesimocuarto posto.

Polo que respecta a categoría cadete, Adrián Lage finalizaba nun meritorio undécimo posto e por último, o xoven Noel Villarábide facía unha gran carreira, onde lograba o oitavo posto.
 
24 HORAS DE CATALUNYA
 

Fernando Ibarra tomaba parte nas 24 Horas de Catalunya, que se disputaba entre os días 19 e 20 de Decembro nas pistas de Can Dragó de Barcelona. O ultrafondista chantadino lograba un magnífico resultado, o finalizar no décimo posto da categoría masculina absoluta, nunha proba de carácter internacional que foi gañada polo británico Marco Cosini.

Ibarra completaba un total de 199.5 kilómetros nestas 24 horas de Catalunya, o que demostra o gran estado de forma o que chegaba a esta cita atlética.
 
MEDIO MARATÓN VOLTA A RÍA. FERROL
 
Presencia de dous atletas do club no Medio Maratón Volta a Ría. Jesús Rivas acadaba o posto 174 da xeral cun crono de 1.29 h, mentras que Diego Trigo finalizaba no posto 343 cun tempo de 1.36 h.