Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 27 de abril de 2017

Resultados Fin de semana 22 de abril

CAMPEONATO GALLEGO ABSOLUTO DE CLUBS. FERROL
 
O sábado 22 se disputou en Ferrol o Campeonato Galego absoluto de clubs, e onde dúas das nosas atletas estiveron presentes representando o Lucus Caixa Rural, club do que somos filial.

Houbo suerte desigual para elas, xa que María Carballido facía unha gran posta no relevo 4x400, dándolle o quinto posto nesta proba o club lucense, mentras que Nerea Lage era descalificada na proba dos 5.000 metros marcha.


CARREIRA POPULAR DE MONFORTE

O pasado domigo 23 de Abril se disputou en Monforte unha nova edición da Carreira Popular desa cidade e na  cal estiveron presentes varios atletas do club.

Sonsoles Martín lograba o séptimo posto na categoría femenina absoluta, mentras que na categoría xuvenil lograba unha meritoria victoria. Pola súa parte, Ester Mourenza conquería o posto 59 na clasificació xeral.

Polo que respecta a categoría masculina, Jesús Rivas entraba no posto 22, mentras que o seu compañeiro de equipo Diego Fernández o facía no posto 44, logrando ademáis o tercer posto na categoría de local. Diego Trigo o facía no posto 64.

jueves, 20 de abril de 2017

Resultados Fin de semana 9 y 14 de abril

CARREIRA POPULAR DE QUIROGA.

O pasado Venres Santo se celebrou en Quiroga a tradicional carreira popular “Feira do Viño” e a que acudiron un bo número de deportistas do noso club. Nesta proba se lograban un total de 18 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, Rebeca Vázquez lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo, Ramón Loureiro, facía o propio na categoría benxamín. No respecta a proba femenina da mesma categoría, Noa Mouriz conquería o tercer escalafón do podium.

Polo que respecta a categoría alevín femenino, Rebeca Arias lograba o triunfo. Xa na categoría infantil femenino, Molly Jane tamén se subía o máis alto do podium, mentras que a súa compañeira de equipo Andrea Espiñeira entraba en segunda posición. Na proba masculina houbo un triplete, xa que Juan David López Ramos, David Fariñas e Javier Lourés lograban as tres primeiras posicións respectivamente.

Samuel Castedo lograba a victoria na proba cadete masculino e Jorge Santos era terceiro. Na carreira femenina tamén se lograba outro triplete, xa que Noelia Sánchez conquería a victoria, e Nerea Lage e Andrea Fariñas lograban a segunda e terceira posición respectivamente.

Por último, María Carballido tamén lograba a victoria na categoría xuvenil e na mesma categoría Adrián Lage era segundo, mentras que Miguel Ángel Sánchez entraba en terceira posición.

Polo que respecta a categoría de adultos, Jesús Rivas era o máis destacado, xa que entraba no posto 19, mentras que o seu compañeiro de equipo, Diego Fernández o facía no posto 21. Felipe Barata entraba no posto 82 e Nemesio Gutierrez no 119, mentras que Ester Mourenza era a vixésima entre as féminas.


CONTROL MARCAS PONTEVEDRA.

Tamén se disputou na Semana Santa o control de marcas de Pontevedra, o cal acudiron catro atletas do club.

Lucía Varela facía unha marca de 3.06 nos 1.000 metros lisos, que lle otorga a mínima para o Campeonato de España da categoría cadete. Pola súa parte, María Carballido gañaba a proba dos 2.000 metros obstáculos cun crono de 7.45 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo, Noelia Sánchez, era terceira nos 3.000 metros lisos cun tempo de 10.49 minutos. Por último, Mateo Jauregui facía un tempo de 3.16 nos 1.000 metros lisos.


CORRE CON NÓS. OMBREIRO


Tamén tiveron protagonismo os atletas que estiveron presentes no pasado Corre con Nós de Ombreiro, onde a deportista máis destacada era María Carballido, que lograba a oitava posición da xeral, e onde gañaba a proba xuvenil. Pola súa parte, o seu compañeiro de equipo, Adrián Lage, entraba no posto 16 da proba absoluta. Jesús Rivas entraba no posto 29, Diego Fernández no 35, Diego Trigo no posto 78. Pola súa parte, Paula García lograba o posto 62 entre as mulleres, Ester Mourenza no 97 e Mónica Sancosmed no 109.

miércoles, 19 de abril de 2017

Resultados Fin de semana 25 de marzo

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CROSS ESCOLAR. DON BENITO (BADAJOZ)
 
Noelia Sánchez, Lucía Varela e María Carballido eran as representantes lucenses que tomaban parte no Campeonato de España de Cross Escolar. As dúas primeiras o facían na categoría cadete e María era a nosa representante na categoría xuvenil.
 
Noelia lograba o posto 13 da clasificación do campeonato, mentras que a súa compañeira de equipo, Lucía, o facía no posto 54. Pola súa parte, María entraba no posto 59 na categoría xuvenil.
 
Por seleccións, o equipo de Galicia na categoría cadete lograba un fantástico tercer posto, o que lle daba a medalla de bronce as nosas dúas integrantes, mentras que o equipo xuvenil femenino conquería o duodécimo posto.

 
DESAFIO VIA ROMANA. CHANTADA
 
O pasado sábado 25 de marzo se disputaba en Chantada o Desafio Via Romana, no cal tomaban parte Jesús Rivas e Ester Mourenza. O primeiro lograba u octavo posto na clasificación xeral cun tempo de 7.50 minutos, mentras que Ester entraba na sexta posición na categoría de féminas, marcando un tempo de 11.31 na liña de meta.