Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Resultados Fin de semana 20 de noviembre

CARREIRA POPULAR SAN MARTIÑO. OURENSE

Gran actuación dos nosos nenos e nenas na San Martiño de Ourense, a proba máis numerosa de cantas se disputan na xeografía galega, e onde lograban un total de 3 pódiums nesta importante cita atlética.

Así, a gran protagonista da xornada era María Carballido, xa que lograba a victoria na categoría xuvenil. Pola súa parte Adrián Lage lograba un estupendo segundo posto nesta categoría xuvenil, mentras que a súa compañeira de equipo debutaba na categoría cadete cun gran terceiro posto.

Moi salientable foi a actuación de todos os demáis nenos nesta proba que reunía a casi 5.000 deportistas nunha matinal típica destas datas. Así, na categoría infantil masculino, David Fariñas lograba a oitava posición, mentras que Javier Lourés o facía no décimo posto e Juan David López no posto 32. Na categoría infantil femenina, Leyre Santos ocupaba o posto 138 e Andrea Espiñeira o 139.

Polo que respecta os cadetes, sexto posto para Cristian Santos, décimo para Marcos Burgo, posto 55 para Samuel Castedo, 84 para Jorge Santos, 89 para Juan Zas, 113 para Alejandro Fernández e 165 para Unai Frias. En canto as nenas, ademáis de Noelia, Andrea Fariñas acadaría o oitavo lugar, Nerea Lage o décimo e Vanesa Blanco o posto 23. Miguel Ángel Sánchez entraba no posto 28 e Angel Martínez no 65.

Polo que respecta a proba dos adultos, Fernando González finalizaba no 1776 da xeral, mentras que Carmen Expósito o facía no 532 da clasificación feminina.

MEDIA MARATÓN VILLAGARCÍA.
Tamén houbo representación na Media Maratón de Vilagarcía. Así, Jesús Rivas finalizaba no posto 55 da xeral, marcando en meta un crono de 1.25 horas, mentras que Ester Mourenza acadaba o posto 23 cun tempo de 2.20 horas.

Resultados Fin de semana 30 de outubro

CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO.

O pasado domingo 30 de Outubro se disputaba en Santiago a 39ª Edición da Carreira Pedestre de Santiago, sen dúbida, unha das máis importantes probas do calendario atlético galego, e na cal o club volvía a ter unha destacada actuación, xa que lograba a segunda posición por equipos na categoría escolar, sendo superado únicamente polo club local, o Atletismo Santiago. Ademáis tamén se lograban dous pódiums a nivel individual.
Así, Noelia Sánchez se despedía da categoría infantil cunha solvente victoria nesta carreira, logrando así revalidar a victoria conquerida o ano pasado. Ademáis, facía o cuarto posto da xeral na carreira conxunta cas cadetes e xuveniles. Pola súa parte, María Carballido facía bo o seu estado de forma, e lograba a segunda posición na súa despedida da categoría cadete.
Moi cerca do pódium quedaba Nerea Lage, que entraba en cuarta posición, mentras que David Fariñas era quinto na categoría alevín. A súa irmán Andrea quedaba en sexta posición na proba infantil, o mesmo que o seu compañeiro Noel Villarábide na proba masculina, mentras que Adrián Lage entraba en séptima posición na categoría xuvenil.
Vanesa Blanco era decimocuarta na categoría cadete, mentras que os seus compañeiros na proba masculina Cristian Santos, Marcos Burgo e Miguel Ángel Sánchez eran decimoquinto, decimosexto e decimoséptimo respectivamente.

Pola súa parte, na proba absoluta, Jesús Rivas lograba o posto 190 da xeral, mentras que Ester Mourenza facía o posto 413 das féminas.