Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 26 de mayo de 2014

Resultados Fin de Semana 25 maio

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO. LUGO
 
O pasado día 25 de Maio  disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campeonato Provincial de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, na cal tomaron parte 22 atletas do club, obtendo un gran resultado, xa que os nenos e nenas do equipo lograba un total de 17 podiums. 2 ouros, 7 platas e 8 bronces foi o balance final no que o medalleiro se refiere, pero hai que salientar o gran comportamento de todos os participantes nas distintas disciplinas, mellorando as súas marcas e adquirindo hábitos de comportamento e respeto polo práctica atlética.

As medallas de ouro se conseguían a través de Cristian Santos na proba dos 3.000 metros lisos e de Nerea Lage na proba dos 2 km marcha.

As medallas de prata iban a parar a David Fariñas , por partida doble, nas probas de lanzamento de peso e 500 metros lisos benxamín, a Leire Santos en lanzamento de peso benxamín, Angel Martínez nos 3000 metros lisos, Mario Campos na proba de 1 km marcha benxamín e Marcos Burgo e Vanesa Blanco na proba de 3 km marcha infantil.

Polo que respecta as medallas de bronce, Juan Zas e Noelia Sánchez conquerían ese tercer escalafón do pódium na proba dos 2 km marcha alevín, María Carballido nos 3.000 metros lisos infantil, Miguel Ángel Sánchez na proba de lanzamento de disco, Noel Villarábide na proba dos 2.000 metros lisos alevín, Samuel Castedo nos 60 metros , Alejandro Fernández na proba do salto de altura e Cristian Santos na proba de triple salto

lunes, 19 de mayo de 2014

Resultados Fin de semana 18 maio

CAMPEONATO GALEGO CADETE. VILAGARCÍA DE AROSA
     O pasado sábado 17 de Maio disputouse en Vilagarcía de Arosa o Campeonato Galego Cadete, no cal tomaban parte 4 atletas do club, que tiveron unha boa actuación.
Pablo Piñón lograba a 4ª posición na proba de salto de altura, cunha mellor marca de 1.51 metros, quedándose moi perto de lograr subir o pódium.
Gael Jaúregi, pola súa parte finalizaba nunha brillante quinta posición na proba dos 1.000 metros lisos, logrando unha marca de 2.57 minutos.
Pola súa parte, Adrián Lage no seu debut nun evento destas características tamén lograba a quinta posición na proba dos 3.000 metros lisos, cunha marca de 10.22 minutos.
Por último, Héctor Rodríguez non completaba a súa participación na proba dos 5 km marcha, o ser descalificado polos xuíces.

CARREIRA POPULAR DE FRIOL.
      O pasado domingo 18 de Maio se disputou a II Edición da Carreira Popular de Friol, na cal houbo unha nutrida participación de atletas do club como era de esperar nun evento que tratar de fomentar o deporte e o atletismo no ámbito do pobo de Friol. Boa actuación dos nosos atletas na casa, cun total de 23 podiums.



Así, na categoría prebenxamín, Lucía Roca e Aldara Ceide lograban a segunda e terceira posición respectivamente.
Na categoría benxamín femenina, Molly Jane Merchant entraba na terceira posición, mentras que na masculina houbo un triplete local, ocupando David Fariñas, Juan David López e Jesús Fagil as tres primeiras posicións no orden citado.
Xa na categoría alevín, Andrea Fariñas lograba a segunda posición, a mesma que lograría o seu compañeiro de equipo Noel Villarábide na proba masculina. Nesta mesma categoría Samuel Castedo entraba na terceira posición.
Triplete tamén na categoría infantil masculina, con Cristian Santos como gañador e con Adil Loussini e Miguel Ángel Sánchez acompañandos no pódium. Na femenina, victoria para Maria Carballido e segunda posición para Vanesa Blanco.



Tamén houbo triplete na proba cadete, resultando gañador Gael Jaúregi, por diante de Adrián Lage e de Pablo Piñón. Nas nenas, victoria para Ana Varela.
Na categoría xuvenil, Cristian Montecelo e Rubén Ceide firmaban a primeria e segunda posición respectivamente, mentras que entre as féminas, Estela Villarábide e Noelia Seoane tamén ocupaban as dúas primeiras posicións do pódium no orden citado.
Por último, na categoría de veteranas de +55 anos, victoria para Carmen Expósito.

jueves, 15 de mayo de 2014

Resultados Fin de semana 11 de maio

2ª PROBA CLASIFICATORIA INFANTIL ATLETISMO EN PISTA. LUGO

Disputouse o pasado domingo 11 a 2ª proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil.

Os resultados máis destacados foron a victoria de Angel Martínez nos 3.000 metros lisos e a de Miguel Ángel Sánchez na proba de lanzamento de disco.

Pola súa parte, Cristian Santos lograba a segunda posición nos 1000 metros lisos e no triple salto. Marcos Burgo e Vanesa Blanco eran tamén segundos na proba dos 3 km marcha.

Pola súa parte, María Carballido lograba acadar a terceira posición nas probas dos 150 metros lisos e nos lanzamentos de peso e disco. Pola súa parte, Miguel Ángel Sánchez lograba esa mesma posición na proba dos 1.000 metros obstáculos.


CONTROL DE PISTA CADETE

Conxuntamente ca clasificatoria infantil, se disputou o control cadete e na cal tomaron parte 3 atletas do club.

O máis destacado foi a excelente marca nos 1000 metros lisos de Gael Jaúregi, que lograba un crono de 2.56 e que lle servía para levarse a victoria no mesmo.

Pablo Piñón lograba tamén MMP na proba de salto de altura cunha marca de 1.53, finalizando no posto terceiro. Adrián Lage finalizaba a proba dos 1.500 metros obstáculos cunha marca de 5.28, mentras que Tino Villar facía 3.33 na proba dos 1000 metros lisos

CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA

O pasado domingo 11 se disputou a XXV Carreira Popular de Ferreirúa, e na cal tomaron parte máis de 20 atletas do club, que tiveron unha boa actuación, logrando un total de 8 podiums.

Así, na categoría de 5 a 6 anos, Aldara Ceide lograba victoria. Pola súa parte, David Fariñas e Molly Jane Merchant lograban a terceira posición na proba de 7 a 9 anos, na proba masculina e femenina respectivamente.

No que respecta a categoría de 10 a 11 anos, Samuel Castedo e Andrea Fariñas lograban imporse nas súas respectivas carreiras. Adil Loussini lograba a terceira posición na proba de 12 a 13 anos. Por último, Cristian Montecelo e Rubén Ceide eran segundo e terceiro respectivamente na proba masculina de 14 a 15 anos.

Na proba do medio maratón, Marcos Lage lograba o posto 30 da xeral cun crono de 1.30 h.

CORRE CON NÓS. PARQUE DE FEIRAS E EXPOSICIÓNS. LUGO

O Pasado sábado 10 se disputou unha nova proba do Corre con nós, e na cal houbo unha leve representación de atletas do club. Os resultados foron os seguintes.

Felipe Barata- posto 63
Fernando González- posto 300
Carmen Expósito- posto 92 F
Ana Novo- posto 110 F

lunes, 5 de mayo de 2014

Resultados Fin de semana 4 de maio

CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES.

Disputouse o pasado 1 de Maio no Concello de Ordes unha proba denominada Cross Ambiental, e na cal estiveron presentes unha docena de atletas do club, conseguindo un total de catro podiums.

Así, a máis destacada foi a atleta Noelia Sánchez, que lograba a súa primeira victoria nunha proba, o imporse na categoría de 8 a 10 anos. Nesta mesma categoría, a súa compañeira de equipo lograba a cuarta posición.

Xa na categoría de 14 a 16 anos, a atleta Estela Villarábide lograba un meritorio segundo posto, despois dunha carreira onde os integrantes da mesma fixeron o triple do percorrido marcado pola organización. Na proba masculina, Cristian Montecelo tamén lograba a segunda posición, sendo o seu compañeiro Adrián Lage terceiro. Nesta mesma proba, Rubén Ceide lograba a cuarta posición.

Outra atleta, que estivo moi cerca do podium foi Aldara Ceide, que, na categoría de 5 a 7 anos, lograba a cuarta posición

TORNEOS DE ATLETISMO. PONTEVEDRA. CORUÑA

Nesta ponte de Maio se disputaron distintos torneos de atletismo en pista, na cal houbo representación de atletas do club nas distintas probas que se disputaron pola xeografía galega.

O primeiro en porse en acción foi o cadete Gael Jaúregi, que participou na proba dos 1.000 metros cadete no Torneo Supermercados Froiz de Pontevedra, onde lograba unha marca de 3.01 minutos.

Na pistas de Elviña de A Coruña, se disputou o Torneo Nela Souto, organizado polo club Marineda, e no cal tamén houbo representación do noso club. A máis destacada foi María Carballido, que na proba dos 500 metros lisos femeninos lograba a cuarta posición cun crono de 1.32 minutos. A súa compañeira de equipo, Vanesa Blanco remataba no posto 11 na mesma proba, parando o crono en 1.40 minutos. Na proba masculina, Cristian Santos remataba no posto 12 cunha marca de 1.32 minutos. Por último, Felipe Barata tomaba parte na proba de salto de lonxitude, finalizando no posto 14, cunha mellor marca de 5.09 metros.