Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 16 de enero de 2014

COMPETICIÓNS FIN DE SEMANA 18 XANEIRO

NOCTURNA MONUMENTAL
 (PRAZA MAIOR)
    
   Este fin de semana numerosos atletas do clube participarán na proba NOCTURNA MONUMENTAL que terá lugar en Lugo o sábado 18. Esta proba pertenece o Circuito Larsa Corre con Nós e terá lugar na Praza Maior (Lugo) a partir das 18:00 horas.





I PREMIO DE MARCHA DE ERRENTERÍA, TROFEO MIKEL ODRIOZOLA

    Ademáis o noso atleta Héctor Rodríguez tomará parte do "I Premio de Marcha de Errentería, Trofeo Mikel Odriozola", organizado polo Club Atlético de Errentería e o Patronato Municipal de Deportes da vila. Disputarase este domingo en diversas categorías: infantil, cadete, xuvenil e senior. Será a súa vez Campeonato de Euskadi, e participarán tamén unha relación de atletas das federacións galega (entre os que se atopa o noso atleta) e a catalana. 

Tamén se homenaxeará á marchadora catalana recentemente retirada da competición, María Vasco, que foi medallista nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

MOITA SORTE A TODOS OS NOS@S ATLETAS!!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario