PEDESTRE DE SANTIAGO
O pasado 26 de Outubro disputouse a Pedestre de Santiago, a carreira popular máis importante do calendario galego xunto ca San Martiño de Ourense. A ela acudiron sete nenos e nenas do club, que tomaron parte na proba de menores, logrando uns bos resultados nunha proba de nivel galego.
Así, na categoría alevín foi donde se obtiveron os mellores resultados, xa que Noelia Sánchez lograba a séptima posición e o seu compañeiro de equipo Noel Villarábide entraba nun meritorio quinto posto, moi cerca das posicións de podium.
Polo que respecta a categoría infantil, tamén moi destacados Cristian Santos, Miguel Sánchez e Vanesa Blanco. Os rapaces finalizaban na octava e trixesimocuarta posición respectivamente, mentras que Vanesa lograba finalizar no posto 16.
O cadete Adrián Lage finalizaba a carreira no posto 13 dentro da súa categoría e, por úlitmo, o xuvenil Cristian Montecelo lograba a posición 15.
Gran actuación por tanto destes xoves atletas que debutaban nesta importante e dura proba que se disputaba sobre os esixentes 7 kilómetros das rúas de Compostela. Ademáis catro dos nenos alí presentes lograban meterse entre os 100 primeiros dun total de 1500 atletas.
CARREIRA ARUMES DO CORGO
Tamén houbo representación do club na carreira popular Arumes do Corgo, que se disputou nesa vila lucense.
Así, na categoría prebenxamín Aldara Ceide lograba a cuarta posición nesa categoría, mentras que na categoría alevín femenino, Paula Piñón entraba no noveno posto, mentras que as súas compañeiras de equipo Irea Ferreiro e Uxúe Gómez lograban o décimo e décimosexto posto respectivamente.
Por último, na categoría cadete, Alex López lograba a décima posición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario