Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 20 de abril de 2017

Resultados Fin de semana 9 y 14 de abril

CARREIRA POPULAR DE QUIROGA.

O pasado Venres Santo se celebrou en Quiroga a tradicional carreira popular “Feira do Viño” e a que acudiron un bo número de deportistas do noso club. Nesta proba se lograban un total de 18 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, Rebeca Vázquez lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo, Ramón Loureiro, facía o propio na categoría benxamín. No respecta a proba femenina da mesma categoría, Noa Mouriz conquería o tercer escalafón do podium.

Polo que respecta a categoría alevín femenino, Rebeca Arias lograba o triunfo. Xa na categoría infantil femenino, Molly Jane tamén se subía o máis alto do podium, mentras que a súa compañeira de equipo Andrea Espiñeira entraba en segunda posición. Na proba masculina houbo un triplete, xa que Juan David López Ramos, David Fariñas e Javier Lourés lograban as tres primeiras posicións respectivamente.

Samuel Castedo lograba a victoria na proba cadete masculino e Jorge Santos era terceiro. Na carreira femenina tamén se lograba outro triplete, xa que Noelia Sánchez conquería a victoria, e Nerea Lage e Andrea Fariñas lograban a segunda e terceira posición respectivamente.

Por último, María Carballido tamén lograba a victoria na categoría xuvenil e na mesma categoría Adrián Lage era segundo, mentras que Miguel Ángel Sánchez entraba en terceira posición.

Polo que respecta a categoría de adultos, Jesús Rivas era o máis destacado, xa que entraba no posto 19, mentras que o seu compañeiro de equipo, Diego Fernández o facía no posto 21. Felipe Barata entraba no posto 82 e Nemesio Gutierrez no 119, mentras que Ester Mourenza era a vixésima entre as féminas.


CONTROL MARCAS PONTEVEDRA.

Tamén se disputou na Semana Santa o control de marcas de Pontevedra, o cal acudiron catro atletas do club.

Lucía Varela facía unha marca de 3.06 nos 1.000 metros lisos, que lle otorga a mínima para o Campeonato de España da categoría cadete. Pola súa parte, María Carballido gañaba a proba dos 2.000 metros obstáculos cun crono de 7.45 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo, Noelia Sánchez, era terceira nos 3.000 metros lisos cun tempo de 10.49 minutos. Por último, Mateo Jauregui facía un tempo de 3.16 nos 1.000 metros lisos.


CORRE CON NÓS. OMBREIRO


Tamén tiveron protagonismo os atletas que estiveron presentes no pasado Corre con Nós de Ombreiro, onde a deportista máis destacada era María Carballido, que lograba a oitava posición da xeral, e onde gañaba a proba xuvenil. Pola súa parte, o seu compañeiro de equipo, Adrián Lage, entraba no posto 16 da proba absoluta. Jesús Rivas entraba no posto 29, Diego Fernández no 35, Diego Trigo no posto 78. Pola súa parte, Paula García lograba o posto 62 entre as mulleres, Ester Mourenza no 97 e Mónica Sancosmed no 109.

No hay comentarios:

Publicar un comentario