Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 19 de noviembre de 2013

Resultados Fin de Semana 17 Noviembre 2013

 CARREIRA SAN MARTIÑO OURENSE. 

O domingo 17 de Novembro se disputou en Ourense a tradicional proba do San Martiño, sen dúbida a máis numerosa e espectacular de todas cantas se celebran en Galicia. A ela acudiron 15 atletas do club Atletismo Friol. Os atletas das categorías inferiores  tiveron un moi bo comportamento no que era a primeira ocasión en que se enfrontaban a una proba destas caracterísiticas.

O máis destacado foi Noel Villarábide, que lograba a cuarta posición na categoría alevín masculino, quedando moi cerca do podium. Moi meritoria foi tamén o séptimo posto de Cristian Santos na categoría infantil, sendo ademáis atleta de primer ano na categoría. Cristian foi tamén o primer atleta do Club en acadar a liña de meta na carreira de menores.

Polo que respecta as nenas, María Carballido lograba o posto 18 na categoría infantil femenino, e Vanesa Blanco acadaba o posto 23 dentro da mesma categoría. Adrián Lage finalizaba no posto 22 dentro dos cadetes.

Por último, os xuveniles Rubén Ceide e Nilo Castro lograban o posto 39 e 78 respectivamente.

Moi bos resultados, tendo en conta que en cada categoría había cerca de 400 atletas que completaron os 4.7 Km do circuito ourensá. 

No que respecta os adultos, debut na temporada e tamén no histórico do club nunha proba deportiva. O máis destacado foi Rubén Fernández, que acadaba o posto 88 da xeral cunha marca de 35.29, o que supón ademáis a súa Mellor Marca Persoal (MMP).

O resto da actuación dos atletas do club foi a seguinte:

Felipe Barata- posto 336
Marcos Lage- posto 685
Ramón López- posto 1751
Fernando González- posto 2156
María del Mar Pérez- posto 188 F
Carmen Expósito- posto 494 F
Ana L. Novo- posto 574 F



CROSS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA. (BURGOS)

Tamén este domingo 17 de novembro se celebrou o primer cross da temporada, o Cross Internacional de Atapuerca (Burgos) o cal acudiu o equipo cadete masculino que entrena José Peña, e que tivo un excepcional comportamento nunha proba que estivo acompañada dun tempo moi desapacible.


O máis destacado na liña de meta foi Gael Jáuregui, que finalizaba no posto 47. A continuación entraba Pablo Piñón, que lograba o posto 52 da clasificación. Alejandro López entraba no posto 62 e Héctor Rodríguez acadaba o posto 153. Para casi todos eles era o primer contacto da temporada ca competición e tamén cun evento da importacia dunha das probas máis importantes do concerto nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario