Este 24 de Novembro disputouse no entorno das pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo a primeira proba do XIV Circuito “Corre con Nós”, na cal tomaron parte unha veintena de atletas do club Atletismo Friol.
Categoría de menores
Corre con Nós 2013 |
Boa actuación dos nosos atletas, cun balance de 2 podiums a cargo de Cristián Santos que lograba a segunda posición na categoría B masculina e de Gael Jáuregi, que tamén conquería a mesma posición na categoría C masculina.
Na categoría B femenina, Vanesa Blanco lograba a posición 13ª, Noelia Sánchez a 14ª e Nerea Lage a posición 48ª.
Polo que respecta a categoría C masculina, ademáis do segundo posto de Gael, Alex López e Adrián Lage lograban a oitava e novena posición respectivamente. Por último, Miguel Ángel Sánchez entraba nos post o 23.
Polo que respecta a proba feminina, María Carballido e Andrea García lograban a quinta e sexta posición respectivamente, mentres que Fátima Neira entraba na posición 20. Lamentar nesta carreira a caida na zona de saída de Ana Varela, a cal desexamos unha pronta recuperación
Categoría Absoluta
Xa na proba absoluta, o atleta máis destacado foi Diego Fernández (que correrá con nós no Circuito Corre con Nós, aínda que pertence o Clube A Gándara (Monforte)) que lograba a posición 73 da xeral. O resto da actuación dos atletas do club foi a seguiste:
Corre con Nós 2013 |
Felipe Barata- posto 96
Jesús Rivas- posto 126
Rubén Ceide- posto 166
Ramón López- posto 334
María del Mar Pérez- posto 79 F
Roberto Longarela- posto 554
Fernando González- posto 571
Carmen Expósito-posto 176 F (3ª categoría M)
Ana Novo- posto 188 F
Esther Mourenza- posto 236 F
No hay comentarios:
Publicar un comentario