Atletismo Friol

Atletismo Friol

sábado, 7 de diciembre de 2013

 CROSS CONCELLO DE FRIOL CATEGORÍAS DE MENORES

Cunha nutrida participación dos mellores clubs e colexios da provincia, celebrouse o pasado 6 de decembro a I Edición do Cross Concello de Friol para as categorías de menores do atletismo, e na cal tomaron parte máis de 40 atletas do noso club, logrando un total de cinco podiums nesta edición.

Así, na categoría benxamín masculina, David Fariñas lograba a segunda posición. Mentras, na categoría infantil femenina, María Carballido conquería a terceira escalafón do podium.

Gran resultado tamén dos atletas da categoría cadete, xa que Ana Varela lograba gañar a proba, mentras que Andrea García entraba en terceira posición. Pola súa parte, Gael Jaúregi era segundo na proba masculina.

Os resultados completos poden verse aquí:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Lugo/lu061213.pdf



CAMPEONATO PROVINCIAL ABSOLUTO DE CROSS

Tamén se celebrou en Friol na mesma xornada o Campeonato Provincial de Cross e na cal tomaron parte 7 atletas do club, no que para moitos deles era o debut nun evento desta categoría. O club logrou un podium neste evento, gracias o segundo posto conquerido por Carmen Expósito na categoría F55.

Na proba xuvenil, Rubén Ceide e Nilo Castro eran sexto e octavo respectivamente. Polo que respecta a categoría senior femenino, Ana Novo e Ester Mourenza lograban a cuarta e quinta posición neste orde. Xa na categoría de veteranas F40, María José Varela entraba no cuarto posto.

Por último, na proba masculina, Jesús Rivas lograba a quinta posición na categoría M-35.

Os resultados completos no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Lugo/l061213.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario