Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 22 de diciembre de 2013

Resultados Fin de Semana 22-12-2013

1º CONTROL MARCAS DE INVERNO. MÓDULO CUBERTO LUGO
 
O pasado sábado 21 de Decembro se disputou no módulo cuberto de Lugo o 1º Control de Marcas de Inverno, na cal tomaron parte dúas atletas do club, no que era o seu primeiro contacto da temporada na competición en pista.
 
Marta Sureda e María Jóse Molejón lograron o primeiro e segundo posto respectivamente no lanzamento de peso absoluto (4 Kg). Marta lograba un mellor lanzamento de 7.39 metros, mentras que María Jóse lograba unha marca de de 4.94 metros.
 
LUGO MONUMENTAL.
 
O domingo 22 de Decembro  disputouse en Lugo a XI Edición da Lugo Monumental, na cal tomaron
parte un numeroso grupo de atletas do club. Destacar unha vez máis os bos resultados nas categorías de menores, onde se lograron dous podiums. Na categoría B, Cristian Santos lograba o segundo posto, mentras que na categoría C, o atleta Gael Jaúregi lograba o tercer posto.

 
Na mesma categoría B, Vanesa Blanco lograba unha meritoria 11º posción, mentras que Nerea Lage entraba no posto 26.
 
Xa na categoría C, bo nivel dos atletas do club, logrando Pablo Piñón a Adrián Lage a cuarta e sexta posición respectivamente. O debutante Jesús Cabado entraba no posto 40. Tamén destacadas as nenas, xa que Andrea García e María Carballido lograban a 9ª e 11ª posición respectivamente.
 
En canto a clasificación dos adultos, os resultados foron os seguintes:
 
Felipe Barata- posto 128
Marcos Lage- posto 162
Diego Vallejo- posto 212
Jesús Rivas- posto 243
Diego Tripo- posto 268
Roberto Barata- posto 522
Ramón López- posto 593
Ángel Domenech- posto 627
María del Mar Pérez- posto 72 F
Judith Prado- posto 146 F
Ana Novo- posto 151 F
Ester Mourenza- posto 213 F

No hay comentarios:

Publicar un comentario