Disputouse o pasado sábado 7 de Xuño o Campeonato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, na que tomaron parte 7 atletas do noso club, que tiveron unha boa actuación en xeral.
Nesta proba se lograba unha medalla de bronce a cargo de Marcos Burgo, na proba dos 3 km marcha, na que invertía un tempo de 17.48 minutos, que constituía ademáis una MMP para o xoven atleta, nunha proba na que demostrou unha gran valentía e decisión a hora de afrontar esta competición.
Na proba dos 2 km marcha, Noelia Sánchez lograba a cuarta posición cun crono de 12.24 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage, finalizaba na quinta posición cun crono de 12.29 minutos.
Tamén bo resultado na proba dos 3 km marcha femenina, na que Vanesa Blanco lograba a quinta posición final cun crono de 19.31 minutos.
Polo que respecta a proba dos 3.000 metros lisos, tanton Cristian Santos como María Carballido finalizaban na sexta posición nas súas respectivas carreiras. Cristian finalizaba cun crono de 11.32 minutos e María 12.08 minutos.
Por último, Miguel Ángel Sánchez lograba a séptima posición na proba de lanzamento de disco, cunha marca de 16.85 metros.
CORRE CON NÓS. FRIGSA
Este domingo 8 se disputou na zona da piscina de Frigsa a última proba dunha nova edición do circuito Corre con Nós, e na cal o club lograba un podium a cargo de Carmen Expósito, que finalizaba na segunda posición na categoría M.
A participación do club se completaba con Felipe Barata e Fernando González, que rematan no posto 71 e 368 respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario