Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 2 de junio de 2014

Resultados FIn de semana 1 xuño

GRAN PREMIO DE MARCHA LOS CANTONES. A CORUÑA

O pasado sábado 31 de Maio disputouse na cidade de A Coruña o Gran Premio Cantones de Marcha, valedeiro para a Challenge Mundial de Marcha e na cal había presencia de atletas do club nas probas de menores. Boa actuación dos nosos atletas, logrando dous meritorios podiums.

Así, na categoría cadete masculina, victoria do actual campeón galego de 5 km en ruta, xa que Héctor Rodríguez  lograba o triunfo cun crono de 31:02 nos 5 km marcha. Pola súa parte, Nerea Lage lograba a terceira posición na proba dos 2 km marcha alevín, logrando un crono de 12.11, mentras a súa compañeira de equipo lograba rematar na cuarta posición nesta mesma proba cun crono de 12.15. Tamén moi meritoria a cuarta posición na categoría infantil de Vanesa Blanco, que remataba os 3 km marcha cun crono de 19.27 minutos que supón un MMP.

Por último o benxamín Mario Campos finalizaba na sexta posición no 1 km benxamín, finalizando cun crono de 7.20 minutos.

CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS. FERROL

Ferrol foi a sede do Campeonato Galego de Veteranos, onde estiveron presentes tres atletas do club, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 5 medallas: catro de ouro e un bronce.


Marta Sureda lograba imporse na proba de lanzamento de disco e tamén no lanzamento de peso na categoría de W-40. Na primeira lograba unha marca de 20.73 metros e na segunda alcanzaba unha mellor marca de 7.10 metros.






Outra atleta que tivo unha gran actuación foi Carmen Expósito, que lograba tamén subir o máis alto do podium dúas veces, nos 400 e nos 800 metros lisos.
Por último, María José Molejón lograba unha valiosa medalla de bronce na proba dos 1500 metros W-40, o marcar un crono de 6.49 minutos.
 

5ª XORNADA COPA DIPUTACIÓN DE ATLETISMO. LUGO

Disputouse tamén na xornada do 1 de Xuño a 5ª Xornada da Copa Diputación de Lugo, onde estiveron presentes dous atletas do club, que tiveron unha destacada participación.

Gael Jaúregi lograba unha interesante marca na proba dos 600 metros lisos, parando o crono nun tempo de 1.36 minutos, mentras que Pablo Piñón lograba superar o listón a unha altura de 1.51 metros.

CARREIRA POPULAR “ROTA DO ROMÁNICO”. FERREIRA DE PANTÓN.

O pasado 31 de Maio se disputou en Ferreira de Pantón unha nova edición da carreira popular “Rota do Románico”, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, tendo unha destacada actuación, xa que se lograron un total de 11 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, destacou o triunfo da atleta Aldara Ceide, que lograba a segunda posición na proba femenina.

Na categoría benxamín, dominio dos atletas do club, xa que David Fariñas e Juan David López Ramos lograban a primeira e segunda posición respectivamente. Polo que se refiere a proba femenina, Leire Santos entraba no tercer posto.

Xa na seguinte categoría, que correspondía os alevíns e infantil de primeiro, o triunfo foi a parar a Cristian Santos, ocupando Samuel Castedo a terceira posición. Entre as nenas, Andrea Fariñas lograba a segunda posición.

Xa na última categoría de menores, Adrián Lage e Tino Villar lograban a segunda e terceira posición respectivamente, mentras que María Carballido entraba na segunda posición entre as féminas.

Por último, Cristian Montecelo lograba a victoria na categoría xuvenil masculino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario