Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 6 de julio de 2014

Resultados fin de semana do 28 de xuño

CARREIRA OS 21 DO CAMIÑO. MELIDE
 
O pasado sábado 28 de de Xuño se disputou a II Edición da carreira os 21 do Camiño entre as localidades de Palas e Melide, e no cal tomaron parte unha boa represetación de atletas do club, sobre todo na categoría de menores, onde se lograban un total de 9 podiums: 6 primeiros postos e 3 segundos postos.
 
Así, na categoría benxamín, Juan David López Ramos lograba a segunda posición, mentras que na categoría alevín, dominio dos nosos atletas cas victorias de Nerea Lage e Noel Villarábide no apartado femenino e masculino respectivamente.
 
Xa na categoría infantil, o triunfo foi a parar a Cristian Santos, mentras que na proba cadete, Adrián Lage lograba tamén a victoria nesta proba. Entre as féminas da categoría cadete, a victoria iba a parar a Lidia Alvárez. Por último, dominio na categoría xuvenil femenino con Estela Villarábide e Noelia Seoane logrando a primeira e segunda posición respectivamente, mentras que na proba masculina Cristian Montecelo entraba en segunda posición.
 
Polo que respecta a proba absoluta, Suso Rivas lograba a posición 171 da xeral cun crono de 1.41 h, mentras que Ester Mourenza entraba no posto 44 entre as féminas, no que era o seu debut nunha media maratón, cun crono de 2.40 h sobre o duro trazado da proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario