CAMPEONATO GALEGO DE 5 KM EN RUTA. POPULAR DE CURTIS.
O pasado sábado 5 de Xullo disputouse en Curtis o Campeonato Galego de 5 km en ruta, na cal tomou parte a nosa atleta Carmen Expósito, e na cal lograba unha brillante medalla de prata na categoría de W-55. Ademáis, conxuntamente co Campeonato Galego se disputaba a carreira popular, onde 9 atletas das categorías inferiores tomaban parte na mesma, obtendo un total de 8 podiums nesta proba. Así, na categoría prebenxamín, Aldara Ceide lograba a victoria nesta proba, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage conquería a segunda posición na proba alevín femenina. Xa na proba infantil, dominio dos nosos atletas, con Cristian Santos gañando a carreira por diante de Adil Loussini, que ocupaba a segunda posición. Nas nenas, victoria de María Carballido por diante da súa compañeira Vanesa Blanco, que entraba tamén en segunda posición. Adrián Lage gañaba con comodidades a proba cadete. Por úlltimo, Cristian Montecelo tamén se impoñía na proba xuvenil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario