Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Resultados fin de semana 21 de setembro

CARREIRA POPULAR DE TABOADA
 
O pasado 20 de setembro se disputaba na localidade de Taboada a III Edición da Carreira Popular “Entre Pazos e Carballos”, o cal acudían unha boa representación de nenos e nenas do noso Club, que tiveron unha destacada actuación logrando un total de 4 podiums.
 
Destes 4 podiums, tres dos mesmos foron victorias, xa que tanto Cristian Santos como Vanesa Blanco lograban imporse nas carreira B ante atletas de calidade. Tamén facía o mesmo Adrián Lage na categoría C. Noelia Sánchez era terceira na categoría B, co que pechaba o número de podiums dos atletas de Friol.
 
A destacar tamén os cuartos postos logrados por Aldara Ceide, Samuel Castedo e Nerea Lage nas súas respectivas categorías.

CARRERA DE LA MUJER. A CORUÑA
 
Tamén o pasado 21 de Setembro se disputou unha nova edición da Carrera de la Mujer, que tivo lugar na cidade de A Coruña, e que contou ca presencia de 5.000 mulleres dispostas a pasar unha agradable matinal de actividade física e deporte.
 
O noso Club estivo  representado por María Carballido e Mar Pérez, que tiveron unha destacadísima actuación, logrando María un gran 35 posto na clasificación xeral, e subindo o podiun na súa categoría de 12 a 15 anos, na que conquería o terceiro posto. María lograba finalizar os 5.200 metros dos que constaba o circuito nun crono de 23.07 minutos.
 
Pola súa parte, Mar Pérez conquería unha meritoria 70 posición da xeral, obtendo un crono na liña de meta de 24.05 minutos.

 
Tamén e salientable a presencia de atletas vinculadas o noso club que participaron nesta proba respresentando a distintos equipos e que tamén lograban unha boa actuación. Así, Ana Varela, María José Molejón, Esther Mourenza, Paula García ou Judith Prado tiñan un merecido protagonismo nesta proba atlética.

No hay comentarios:

Publicar un comentario