MARÍN + 10
O pasado 1 de Agosto se disputou en Marín unha das probas con máis participación do calendario veraniego galego, unha cita que congregou a máis de 700 atletas e na cal estiveron presentes 3 atletas do club.
Sobre un trazado de 10 km, Felipe Barata lograba o posto 80 cun crono de 37.30 minutos, mentras que Ramón López acadaba o posto 320 cunha marca de 44.27 minutos. Por último, Mar Pérez finalizaba no posto 44 entre as féminas cun mellor rexistro de 51.51 minutos.
CARREIRA POPULAR DE OS VILARES
Un ano máis, e aproveitando a cercanía a aldea de Os Vilares (Guitiriz), un grupo de atletas do club se desprazou para competir no que xa é unha clásica do mes de agosto. O club logrou nesta ocasión un total de 6 podiums.
Así, na categoría de menores, Aldara Ceide lograba a victoria na súa categoría A, no tocante a carreira de nenas. Na categoría B, David Fariñas lograba a segunda posición.
Xa na categoría C, Adrián Lage lograba a victoria, mentras o seu compañeiro de equipo Miguel Ángel Sánchez conquería o tercer escalafón do podium. Angel Martín era quinto e Unai Frias séptimo. Entre as nenas, Andrea Fariñas lograba a segunda posición, mentras que Vanesa Blanco entraba cuarta. Pola súa parte, Noelia Sánchez e Nerea Lage eran sexta e séptima respectivamente.
Polo que respecta a categoría absoluta, o podium lle correspondía a Manuel Ceide que lograba a terceira posición na categoría de veteranos +55. O resto da actuación de atletas foi a seguinte:
Felipe Barata- posto 37
Marcos Lage- posto 42
Pilar Cobas- posto 20 F.
MEDIA MARATÓN RIBADEO- AS CATEDRAIS
O pasado sábado 6 de septembro se disputou na vila de Ribadeo a I Edición da media maratón Ribadeo-praia das Catedrais e na cal tomaron parte 4 atletas do club. O percorrido entre a localidade da mariña lucense e un dos paraxes máis espectaculares da xeografía nacional estivo marcada pola gran organización do evento, ademáis de pola espectacularidade dun circuito que aspira a ser declarado Parque Nacional.
Os resultados dos catro atletas que completaron o circuito foi o seguinte:
Felipe Barata- posto 53 1h 26m 40sg
Suso Rivas- posto 193 1h 36m 13 sg
Ramón López- posto 298 1h 40m 56 sg
Mar López- posto 40 F 1h 58m 14 sg.
CARREIRA POPULAR FESTAS DA MILAGROSA
Tamén se disputou o mesmo 6 de setembro a II Edición da carreira popular Festas da Milagrosa (Lugo), onde competiron 5 atletas do club, logrando 3 podiums. Todos os atletas competiron na categoría C, que englobaba a atletas da categoría infantil e cadete.
Cristian Santos lograba a victoria no apartado masculino, mentras que o seu compañeiro de equipo Miguel Sánchez entraba en terceira posición. Pola súa parte María Carballido quedaba en segunda posición entre as féminas. Noelia Sánchez e Ángel Martínez eran cuarta e séptimo respectivamente.
CARREIRA TERRA E MAR. BENQUERENCIA
Por último, presencia dos atletas de Friol na popular Terra e Mar de Benquerencia a cargo do atleta prebenxamín Iván Neira, que na súa proba lograba unha meritoria séptima posición nesta proba de iniciación atlética.
Q-TOWN 5 KM
Coincidindo ca súa estadía en USA por motivos de estudio, a atleta Estela Villarábide debutaba nunha competición atlética na súa localidade de residencia, Quincy (Michigan).
A xoven deportista de Friol non puido ter mellor debut, xa que sobre unha distancia de 5 km en ruta, lograba un valioso segundo posto na súa categoría xuvenil, que lle servía para subir o podium e inaugurar con bo pé a seu palmarés deportivo no país americano.
Benvidos a unha nova tempada ....
de mallar duro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario