O pasado domingo 8 de Marzo disputouse no entorno do Centro Comercial As Termas de Lugo, unha nova edición do clásico circuito de carreiras populares de Lugo, Corre con Nós, no que estiveron presentes varios atletas do noso club, logrando un total de cinco pódiums nunha meritoria actuación de todos eles.
Así, na categoría C, Adrián Lage seguía ca súa dinámica de victorias nesta edición, logrando a victoria por diante do seu compañeiro de equipo Cristian Santos, que conquistaba o segundo lugar do pódium. Nesta mesma proba, Miguel Ángel Sánchez lograba a décima posición. Polo que respecta a categoría femenina, María Carballido lograba un valioso segundo posto, mentras que Vanesa Blanco acababa no quinto lugar.
Xa na categoría B, pódium tamén para Noelia Sánchez, que entraba na terceira posición. O mesmo posto que lograba Samuel Castedo na proba masculina. Tamén boa actuación de Nerea Lage, que lograba a séptima posición. Por último, na categoría A, Ánxela Maneiro e Aldara Ceide lograban o posto 13 e 14 respectivamente.
Polo que respecta a clasificación por adultos, Manuel Ceide entraba no posto 253 da clasificación xeral, Paula García no 123 da xeral femenina e María José Molejón no 154.
CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS DE PISTA CUBERTA. SAN SEBASTIÁN
O pasado fin de semana tamén se disputou na localidade vasca de San Sebastián o Campeonato de España de Veteranos de Pista Cuberta, ca presencia da atleta do club Carmen Expósito, que tomaba parte en dúas probas.
Meritoria actuación da atleta monfortina, xa que lograba a cuarta posición nos 200 metros lisos, mentres que na proba dos 400 metros finalizaba na sexta posición da súa categoría W-55.
MEDIA MARATÓN DE CARBALLIÑO.
Representación do club na media maratón de Carballiño, a cargo de Fernando Ibarra, que lograba o posto 93 da clasificación xeral, cun crono final de 1.40 minutos.
CARREIRA POPULAR DE PADRÓN
Na Carreira Popular de Padrón tomaba parte a atleta infatil Irea Ferreiro, que lograba o cuarto posto en dita categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario