Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 24 de marzo de 2015

Resultados Fin de semana 21 de marzo

1ª XORNADA ATLETISMO EN PISTA XOGADE. CATEGORÍAS BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL

Este pasado domingo 22 de Marzo  disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a 1ª Xornada de Atletismo do programa Xogade para as categorías benxamín, alevín e infantil, ademáis dunha xornada de control para a categoría cadete e na cal tomaron parte cerca de 30 atletas do club.

Na xornada dos infantiles e alevines, destacaba a triple victoria de Paula Piñón nas probas dos 80 metros valos, no lanzamento de xabalina e tamén no salto de altura. As súa compañeira de equipo Andrea Iglesias tamén era outra das protagonistas da xornada, o levarse o triunfo nas probas do lanzamento de peso e tamén no lanzamento de disco. Cristian Santos dominaba a proba dos 3.000 metros lisos, ademáis de gañar tamén o triplo salto. Victoria para David Fariñas na proba do salto de altura alevín e, por úlitmo Juan Zas lograba finalizar tamén en primeira posición na proba dos 3.000 metros marcha.

Os segundos postos da xornada eran para Samuel Castedo na proba dos 220 metros vallas, para Jorge Santos no lanzamento de xabalina, Noel Villarábide na proba dos 3.000 metros lisos e para Andrea Fariñas nos 3.000 metros lisos.

Por último Martin Vran lograba a terceira posición no lanzamento de disco, mentras que Samuel Castedo lograba tamén o terciero posto na proba de triplo salto.

Xa na xornada de control dos cadetes a destacar as victorias de Pablo Piñón na proba de salto de altura, cunha mellor MMP de 1.60 metros e tamén a de Adrián Lage nos 1.000 metros lisos cunha MMP de 2.50 minutos. Pablo Piñón tamén finalizaba en terceira posición na proba dos 300 metros lisos. Por último María Carballido era segunda nos 300 metros lisos e terceira na proba de salto de altura.
 
CRITERIUM MARCHA RENTERÍA

O pasado domingo 22 tamén se disputou o Criterium de Marcha da Federación Española de Atletismo na localidade vasca de Rentería, e onde 5 marchadores do noso colexio estiveron disputando esta proba. Gran resultados de todos eles, destacando un excepcional podium a cargo de Marcos Burgo, que na categoría infantil lograba a segunda posición cun crono de
15.40 minutos, nunha proba moi reñida cun atleta catalán que se dilucidou nos últimos metros.
Pola súa parte, as nenas da categoría infantil siguen ca súa progresión, demostrando estar nun bo momento de forma. Así Noelia Sánchez, Vanesa Blanco e Nerea Lage lograban a séptima, oitava e novena posición respectivamente. Por último, o cadete Miguel Ángel Sánchez finalizaba no posto duodécimo cunha mellor marcha persoal de 30.33 minutos.

Todos estos marchadores estarán presentes na concentración de marcha da Federación Galega de Atletismo que se disputará en semana santa no entorno da praia da A Lanzada (Pontevedra).
 
VIG-BAY
 
Presencia do club tamén nunha das probas clásicas do calendario galego como é a media maratón Vig-Bay, e na cal participou a atleta Paula García , que lograba finalizar no posto 462 da clasificación femenina, acreditando unha marca de 2.10 horas en completar o percorrido da proba

No hay comentarios:

Publicar un comentario