MILLA DE SARRIA.
Un total de cinco atletas do club se desprazaban a Sarria a disputar o que era a última proba do pasado 2015. Neste caso se lograba un total de cinco pódiums.
Así, na categoría xuvenil, Adrián Lage lograba a victoria, mentras que o seu compañeiro de equipo lograba a segunda posición. Na clasificación xeral ambos lograban un meritorio quinto e sexto posto respectivamente. Polo que respecta a Maria Carballido entraba en terceiro lugar na clasificación cadete, mentras que na categoría xeral entraba no posto cuarto.
Pola súa parte, Carmen Expósito lograba a victoria na categoría de veteranas de máis de 45 anos, mentras que Fernando Castro entraba en quinta posición na mesma categoría.
SAN SILVESTRE FLUVIAL. LUGO
Tamén había presencia do club na San Silvestre de Lugo, e na que o máis destacado era Jesús Rivas, que lograba o posto 39 da xeral . Diego Trigo entraba no posto 76 e polo que respecta as féminas, Paula García e Ester Mourenza lograban o posto 66 e 79 da clasificación femenina respectivamente
No hay comentarios:
Publicar un comentario