CROSS INTERNACIONAL DE VENTA DE BAÑOS.
O Pasado fin de semana tivo lugar na localidade de Venta de Baños (Palencia) unha nova edición duns crosses máis prestixiosos do calendario nacional, e o cal acudiron 11 atletas do club por primeira vez. A actuación de todos eles foi fantástica, demostrando a súa capacidade competitiva nun evento o cal acudían os mellores fondistas do norte de España.
A gran triunfadora da xornada eran Noelia Sánchez, que volvía a demostrar o gran estado de forma que está a amosar esta tempada, logrando un vibrante tercer posto que a facía subir o pódium. Nunha estupenda carreira e nun trepidante sprint final, Noelia lograba dar o noso Club presencia nun evento de nivel nacional. Moi destacada foi tamén a participación das súas compañeiras de equipo nesta categoría, xa que Andrea Fariñas lograba a oitava posición e Nerea Lage, a decimosexta.
No que respecta a categoría cadete, María Carballido tamén facía unha gran carreira, entrando na novena posición, ben secundada que Vanesa Blanco, que lograba o viséximo posto. Na proba masculina desta mesma categoría, Cristian Santos lograba o vixesimotercerposto, Marcos Burgo o viseximonoveno e Miguel Ángel Sánchez, o trixesimocuarto posto.
Polo que respecta a categoría cadete, Adrián Lage finalizaba nun meritorio undécimo posto e por último, o xoven Noel Villarábide facía unha gran carreira, onde lograba o oitavo posto.
24 HORAS DE CATALUNYA
Fernando Ibarra tomaba parte nas 24 Horas de Catalunya, que se disputaba entre os días 19 e 20 de Decembro nas pistas de Can Dragó de Barcelona. O ultrafondista chantadino lograba un magnífico resultado, o finalizar no décimo posto da categoría masculina absoluta, nunha proba de carácter internacional que foi gañada polo británico Marco Cosini.
Ibarra completaba un total de 199.5 kilómetros nestas 24 horas de Catalunya, o que demostra o gran estado de forma o que chegaba a esta cita atlética.
MEDIO MARATÓN VOLTA A RÍA. FERROL
Presencia de dous atletas do club no Medio Maratón Volta a Ría. Jesús Rivas acadaba o posto 174 da xeral cun crono de 1.29 h, mentras que Diego Trigo finalizaba no posto 343 cun tempo de 1.36 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario